Curtocircuíto 2022: Planeta GZ
Proxecto X (Sol Mussa, 2022) Santiago de Compostela volveu celebrar, como cada outono, a súa cita anual co cinema independente e de vangarda. O Festival Curtocircuíto regresou aos teatros da capital con numerosas actividades relacionadas co audiovisual que non só se limita ao formato monocanal proxectable, senón que inclúe na súa programación mostras performativas como a danza ou o live-cinema, un variado cartel de artistas musicais e DJ sets, ademais de encontros, mesas... Ler máis
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos
Un ano máis, a cidade da Coruña acolleu unha das mostras de cinema experimental máis valoradas de España. Dividida en diferentes sedes (Porto, Fundación Luís Seoane, Domus e Sala Palexco), a (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugurou o verán cunha gran variedade de proxeccións e actividades concibidas en torno ao cinema en analóxico e á experimentación audiovisual. Desde A Cuarta Parede facemos un repaso dalgunhas das súas seccións e retrospectivas. AMY HALPERN Unha... Ler máis
A carón dos mortos: Un posible achegamento a Arima
Todas as personaxes de Arima (Jaione Camborda, 2019) andan á procura de algo. Camborda amósanos a faciana dunha vila pequena preto da montaña; os tellados, o ambiente húmido. Un berro racha coa melodía da escena: “Olivia!”. Unha nai, Elena, chama pola súa filla, que se perdeu. É Julia quen dá con Olivia, e xuntas agardan a que chegue a nai. Julia andaba a vagar pola vila e, despois do encontro, continúa o seu camiño ata que decide entrar nunha casa abandonada.... Ler máis
Ons, de Alfonso Zarauza
Situada na entrada da Ría de Pontevedra atópase a Illa de Ons. Un paraíso atlántico que contén un dos lugares máis estraños e pintorescos da nosa orografía: o Buraco do Inferno. Esta greta vertical a modo de pozo, que conecta directamente co mar, emite tenebrosos sons os días de temporal. Conta a lenda que se trata dos berros e saloucos das almas arrastradas polo demo, e para moitos non é o mar o que se atopa ao fondo da fisura, senón o mesmo Inferno. Alfonso Zarauza... Ler máis
Procesos #29 – Alfonso Zarauza
Seis anos despois da súa última longametraxe, Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) presenta o seu novo traballo no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ons céntrase nunha parella en crise, interpretada por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’, que se traslada a pasar o verán na illa titular, onde a chegada dunha estranxeira misteriosa provoca que afloren secretos e sentimentos ocultos. Con apenas 5 longametraxes ás súas costas, Zarauza conta cunha das filmografías... Ler máis
Camborda x Enciso (II)
(vén de aquí) Eloy Enciso: Estamos a falar dos personaxes e teño curiosidade por saber como foi o teu traballo cos actores. Jaione Camborda: Arima tamén propón un espazo de incerteza. Quixen traballar coas actrices introducindo tamén o concepto de incerteza. Gustábame traballar desde a incerteza. Coñecían o proxecto, pero non todo o que eu esperaba dese proxecto. Dalgunha maneira, ocultaba certas cousas, facíalles traballar desde algo inasible, pero modelábamos moito... Ler máis
Camborda x Enciso (I)
Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse a xestar para conversar sobre o proceso de creación. Eloy Enciso: Faime moita ilusión... Ler máis
ARIMA, de Jaione Camborda
As inquietantes imaxes coas que arrinca Arima, a forma de brevísimo prólogo, prefiguran de forma inusual as coordenadas nas que a continuación vai a desenvolverse o universo no debut na longametraxe de Jaione Camborda. Nelas amósase cun detalle case enfermizo a morfoloxía dun ollo humano. A cámara vai penetrando nel ata surcar as veas, o iris e a pupila, cuxa exploración devolve unha visión abstracta do que en principio parecía unha imaxe nítida e inconfundible. A directora... Ler máis
Trote, de Xacio Baño
Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis
8ª MOSTRA DE CINEMA PERIFÉRICO (S8): CAMIÑOS DO CINEMA GALEGO
Entre a resaca de festivais coma Cannes e o parón do verán nas citas cinéfilas, Coruña segue fiel á súa cita co cinema experimental. A Mostra de Cinema Periférico (S8) goza dun estado de moi boa saúde, como as súas cifras de asistencia poden amosar. E é que acadar un 90% de asistencia durante unha semana de proxeccións é un síntoma de que a liña de programación capitaneada por Ángel Rueda e Elena Duque chega a un público aberto a todas as expresións do cinema... Ler máis