LAS PALMAS 2018: PLURALIDADE EN CURTO
Como xa apuntamos na nosa crónica sobre a Sección Oficial de longametraxes do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, a última entrega do certame canario ofreceu unha multiplicidade de xéneros, formatos e historias orixinais entre as películas en competición. Esta pluralidade foi aínda máis notable no que se refire á selección de curtas, onde ademais atopamos un maior equilibrio entre directoras e directores. O comité do festival escolleu 12 filmes... Ler máis
LAS PALMAS 2018: ENTRE A MORAL E AS CRENZAS
A decimo oitava edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria celebrou este ano dúas efemérides cruciais -salvando as distancias- para a historia da cultura mundial e do cinema en particular. Falamos do 50 aniversario do Maio do 68 e da estrea da obra mestra de Stanley Kubrick, 2001: Odisea en el espacio (1968). O festival canario conmemorou ambos feitos cunha programación revolucionaria e absolutamente heteroxénea, que acolle exemplos de ficción,... Ler máis
IRMÁNS QUAY, UNHA LECTURA OBLICUA (2/2)
Primeira parte do artigo. Anamorfoses da narración Na súa curtametraxe documental Anamorfosis, or De artificiali Perspectiva (1991), os Quay ofrecen unha marabillosa introdución a unha das técnicas máis misteriosas desenvolvidas durante o renacemento. A través das pinturas de Erhard Schön e Hans Holbein entre outros, xógase coa idea do multiperspectivismo na arte como vehículo para cifrar mensaxes ocultas. Baixo unha estrutura en aparencia incomprensible ou polo menos... Ler máis
JAN ŠVANKMAJER, O SACERDOTE DOS OBXECTOS
Director, artista gráfico, escultor, poeta e embaixador do surrealismo, Jan Svankmajer naceu no ano 1934 e produciu ata a data unha inxente cantidade de obras audiovisuais que involucran diversas técnicas de animación. Formouse no Colexio de Artes aplicadas de Praga e logo no Departamento de Marionetas da Academia de Artes Escénicas de Praga. Malia que as súas primeiras obras datan da década do sesenta, non foi coñecido no mundo occidental ata mediados dos oitenta. Foi... Ler máis