O CINEMA FRANCÉS PON FACE Á CRISE

Aos seus cincuenta e un anos, Thierry (Vincent Lindon) leva vinte meses en paro. En La loi du marché (Stéphane Brizé, 2015) acompañámolo na súa procura de emprego e nos seus esforzos por manter unha vida familiar malia as circunstancias. Cando por fin aparece o traballo, é para desvelar un mundo laboral rexido polo medo: a ameaza constante do paro pon a proba non só a competencia do traballador, senón os límites da súa ética. Thierry descubrirá así que a súa función... Ler máis

THE ARTIST, de Michel Hazanavicius

Dicía un dos máis grandes xenios que deu a sétima arte, Alfred Hitchcock, que “os actores son gando”. Que con esa mentalidade e non outra conseguise sacar tanto partido a aqueles que se atreveron a traballar con el é un milagre, sendo quizais Cary Grant o seu falso culpable máis recoñecible, un gentleman que cando se puña diante da cámara do realizador mudaba radicalmente de pose para vivir a súa personaxe, dun xeito moito máis natural ó acostumado no resto da... Ler máis

Bertrand Tavernier: “A CULTURA É UN SALVAVIDAS, E ESTAMOS NO TITANIC”

Bertrand Tavernier (Lyon, 1941) é coñecido, entre outras cousas, por ter representando unha Historia de Francia a partires de múltiples filmes da súa extensa filmografía, razón pola que foi convidado a participar no III Congreso Internacional de Historia e Cinema: Modelos de Interpretación para o Cinema Histórico; coordinado polo Centro de Estudos Fílmicos da USC (CEFILMUS), que tivo lugar na facultade de Xeografía e Historia entre o 3 e o 5 de novembro. Antes de despedirme... Ler máis