PORTO/POST/DOC: NOVA CHINCHETA NO MAPA DE FESTIVAIS
Nace un novo festival de documentais en Porto, e exclama orgulloso: “As nosas historias son reais”. En efecto. Esta é unha declaración de intencións para os cinéfilos e os profesionais do sector, que nos desprazamos ata a cidade lusa para gozar dunha semana de bo cinema do real, de “postdocumentários”, un termo que, semella, o certame quere asentar. A estratexia conceptual é ben interesante, vista a insistencia do festival, a través das súas actividades e na meirande... Ler máis
REDEMPTION, de Miguel Gomes
Segunda oportunidade “Precísase paciencia para escoitar unha historia. Se non, só pagaría a pena contar o principio e o final”. Este razoamento dun dos protagonistas de A Cara que Mereces (2004), primeiro filme de Miguel Gomes, demostrou ser unha clave fundamental para entender as preocupacións narrativas do director portugués ao longo da súa filmografía. Con tres longametraxes rematadas e media ducia de curtas, Gomes especializouse en relatos con desenvolvementos... Ler máis
FID MARSEILLE 2013: TEATRO E IMAXE
Esta crónica é a continuación doutra centrada nos aspectos performativos que imperaron na selección deste ano do FID Marseille. Varios filmes interrogáronse sobre as relacións entre o teatro e o cinema. (FOTOGRAMA: 'Trois strophes sur le nom de Sacher', de Chantal Akerman) Teatro Diciamos no anterior artigo sobre o FID Marseille que Gilles Grand programara unha das seccións máis coherentes do certame, ‘Choeur’. Outra das súas sesións serviranos para... Ler máis