Berlinale 2023 (III): a historia dun naufraxio
Perpetrator, de Jennifer Reeder O segundo filme galego en se presentar nesta Berlinale foi Sica (Carla Subirana, 2023). Primeira longa de ficción para unha directora xa experimentada no documental, conta a historia da rapaza do título, unha adolescente que vaga polos acantilados da Costa da Morte obsesionada con atopar o corpo do seu pai, presuntamente afogado nun naufraxio. Como metáfora de que a negación é a primeira fase do loito, Subirana decide mostrarnos a Sica na escena... Ler máis
CURTAS 2016: POLÍTICAS DE REPRESENTACIÓN
‘From the Diary of a Wedding Photographer’, premio principal en Curtas 2016. Como cada ano, o Curtas Vila do Conde estreou en Portugal unha variada selección de filmes de baixa duración, que recollen todas as tendencias do cinema contemporáneo máis audaz. Ante tal reto, construír unha competencia internacional diversa e coherente non é unha tarefa sinxela, pero unha vez máis, lográrono. E fixérono ao redor dunha pregunta que parecía ficar suspendida en todas... Ler máis
CURTAS 2015: A FORZA DA FICCIÓN
Non son tempos para a contención. Podería ser outro titular. Hai dez, quince ou vinte anos, películas como Los lunes al sol (Fernando León de Aranoa, 2002) ou Sweet Sixteen (Ken Loach, 2002) parecían vehicular o sentimento combativo dunha época na que a clase obreira semellaba ser a outra. Concepto pasado de moda, dicían moitos, o certo é que a imperante clase media miraba para os parados e as familias disfuncionais case coma un obxecto de estudo antropolóxico. O cinema... Ler máis