LA GRANDE BELLEZZA, de Paolo Sorrentino

Roma era unha festa Que La grande bellezza (Paolo Sorrentino, 2013), un mordaz retrato dos usos e costumes da jet set italiana en pleno ocaso da era de Silvio Berlusconi, fose financiada por Mediaset resulta cando menos curioso. Sobre todo porque Paolo Sorrentino non se queda á metade na súa embestida contra a plana maior do establishment romano: nobres vidos a menos (que se alugan para soirées), burgueses arribistas, intelectuais arrimados ao poder, artistas conceptuais (que... Ler máis

2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO

A teoría di que tódolos filmes falan, dun xeito ou doutro, do tempo no que foron filmados, mesmo se a súa trama acontece en calqueroutro período histórico. Esta consigna atravesa boa parte da colleita cinematográfica de 2013, o sexto ano de crise e depresión, un ano no que o cinema segue sen abordar de fronte este proceso malia ser moito máis consciente das pantasmas do pasado. O pasado como territorio histórico Os únicos dous filmes da nosa listaxe que semellan ter... Ler máis