SEFF 2022 (II): As pantasmas do pasado
Le mur des morts (Eugène Green, 2022) A segunda xornada no Festival de Sevilla levábanos con grande expectación ao reencontro con Eugène Green. Un acude a cada traballo do director de Toutes les nuits (2001) como quen vai visitar un vello amigo, sabedor de que atopará un motivo de alegría, pero tamén algo temoroso por todo aquilo que o paso do tempo puido mudar, por mínimo que sexa. E o certo é que Le mur des morts, así se chama a mediometraxe estreada na sección Revoluciones... Ler máis
SEFF 2019 (I): AUTOFICCIÓNS E PANTASMAS
The Souvenir (Joanna Hogg) A retrospectiva dedicada polo Festival de Sevilla á británica Joanna Hogg deu o seu pistoletazo de saída coa estrea en España da súa cuarta longametraxe, o mesmo que este ano lle está a brindar unha repercusión internacional superior á obtida ata agora coa súa obra previa. Tal decisión de programación, comezar polo fin, resultaba lóxica por moitas razóns obvias, pero o certo é que ademais este filme entraña unha visión directa sobre si... Ler máis