THE SISTERS BROTHERS, de Jacques Audiard
A utopía e o xesto Se algo caracteriza á carreira de Jacques Audiard é a súa marcada coherencia. Unha coherencia tanto a nivel interno (o francés sempre mantivo constantes na súa escritura, realizada no seu maior parte xunto a Thomas Bidegain) como con, polo menos no caso de The Sisters Brothers (2018), a súa última película, un certo western contemporáneo. Un filme interesante na construción desa dobre cohesión, e que ao mesmo tempo presenta certas peculiaridades... Ler máis
INHERENT VICE, de Paul Thomas Anderson
Hai dous realizadores anglosaxóns na actualidade que coas súas filmografías oscilantes entre o alternativo e o mainstream, pero definitivamente de autor, pugnan por ser dignos herdeiros de Stanley Kubrick (unha das súas principais influencias recoñecidas). Un deles sería Christopher Nolan, que toma do mestre o seu gusto polos high concepts, que desenvolve en complicados filmes-crebacabezas, e un estilo visual moi cinético e dependente da montaxe. O outro sería Paul Thomas... Ler máis
HER, de Spike Jonze
Que me perdoen os fans das batallas galácticas, pero a ciencia ficción que para min de verdade paga a pena non son as fantasías escapistas, senón as propostas que coa escusa do xénero (particularmente as distopías) permiten reflexionar sobre as nosas vidas cunha certa distancia. Nese sentido, a serie televisiva Black Mirror (Charlie Brooker, 2011-) é a que mellor está a capturar o zeitgeist destes días fugaces, case líquidos, que nos tocou vivir, sempre desde o marco... Ler máis