WILL FERRELL E O MAINSTREAM ENTRÓPICO
A comedia mainstream do Século XXI é un terreo árido e repetitivo. Só algunhas figuras como as de Ben Stiller, Seth Rogen, Sacha Baron Cohen e Judd Apatow fan avanzar ao xénero, reflexionan sobre el mesmo ou propoñen unha nova mirada. Atopámonos nunha conxuntura onde a experimentación radical no xénero parece recaer unicamente sobre o medio televisivo e en autores como Louis CK, Ricky Gervais, Larry David, Donald Glover, Dan Harmon ou Sacha Baron Cohen (outra vez). Estes... Ler máis
THE SISTERS BROTHERS, de Jacques Audiard
A utopía e o xesto Se algo caracteriza á carreira de Jacques Audiard é a súa marcada coherencia. Unha coherencia tanto a nivel interno (o francés sempre mantivo constantes na súa escritura, realizada no seu maior parte xunto a Thomas Bidegain) como con, polo menos no caso de The Sisters Brothers (2018), a súa última película, un certo western contemporáneo. Un filme interesante na construción desa dobre cohesión, e que ao mesmo tempo presenta certas peculiaridades... Ler máis
Crónica 25 de novembro
Dise do FIC Xixón que é o Sundance español, e seguramente os que o defenden levan razón. Habería que precisar que a programación do festival asturiano filtra as propostas máis evidentes e trilladas para escoller as interesantes. Terri, de Azabel Jacobs, é o típico filme de neno gordo con problemas de integración na escola. Engádaselle música indie e planos a ralentí, un pai con algunha deficiencia e unha denuncia evidente ao sistema, e xa é carne de Oscar. Pero,... Ler máis
CARNAGE, de Roman Polanski
O EU E OS EL(ES) A doncela Lisca, ah, lisca! Vaite, cruel esqueleto! Son aínda novo, se amable e lisca! e non me toques! A morte Dáme a túa man, doce e bela criatura! son o teu amigo e non veño castigarte! Confía en min! Non son cruel! Déixate caer nos meus brazos e durmirás placidamente! A morte e a doncela, Matthias Claudius Roman Polanski fai sempre, esencialmente, a mesma película. Os seus inquietos e inquietantes protagonistas reaccionan ante unha realidade... Ler máis