EDUARDO CASANOVA E O SEU MUNDO “DE COR DE ROSA”
Cando se fala de cinema fálase de crear, de idear, de construír. De lograr a verosimilitude pero tamén de xerar outros mundos, de conformar atmosferas perfectas para a narración fílmica e ante os ollos do espectador. E cando se fala de dirección de arte, en moitos casos xoga un papel crucial a innovación, a extravagancia e o exceso, para dotar a unha película de todos eses elementos que a fagan inesquecible. Todo isto aparece na obra audiovisual de Eduardo Casanova (Madrid,... Ler máis
IN-EDIT 2014: ENTRE A FORMA E O CONTIDO
Nas cancións de Dexys a forma é tan impresionante, está tan cuberta de épica, de melodías e arranxos perfectos, que pode esconder o contido que hai no seu soul único. Kiko Amat explicou antes da proxección de Dexys: Nowhere is Home (Kieran Evans e Paul Kelly, 2014) que ao pasar desa superficie preciosa se chegaba a unha verdade profunda, a unha obra que fala de expiación, de confesar os demos máis íntimos. A obra de alguén valente por amosarse sen escudos e por sacrificarse... Ler máis