SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO
Unha das constantes nas últimas edicións do festival de Sitges foi a maneira na que o xénero soubo reflexionar sobre si mesmo, con exercicios metacinematográficos de diversa índole, que teñen como principal intención realizar unha deconstrución narrativa e estética das películas das que beben. Este ano non foi menos, e a selección deixou unha boa nómina de propostas parecidas. Nada máis chegar ao festival, gozabamos da última delicia de Jafar Panahi. O autor iraniano... Ler máis
OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN
O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron as películas das seccións paralelas que máis me fixeron pensar desde que volvín de Xixón:... Ler máis
Crónica 22 de novembro
“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas poderían resumir a dirección que está a debuxar o programa do FIC Xixón 2011. Se Nicolas Klotz... Ler máis