19.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais

Sesión Inaugural MICE 2024. ‘586 Cantos’. Un ano máis, Santiago de Compostela volveu acoller a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego, cuxa décimo novena edición tivo lugar entre o 20 e o 26 de marzo. A política e a tensión social a través das pulsións de intereses foron as protagonistas este ano, outorgándonos pezas que non só nos falan de pobos e culturas, senón tamén dos axentes externos aos que se ven sometidos. Esta... Ler máis

DIANTE E DETRÁS DO ESCENARIO

Cómpre facer unha breve distinción antes de entrar máis polo miúdo a falar de documental musical. Se ben o xénero é ben amplo como para aglutinar filmes como Searching for Sugar Man (Malik Bendjelloul, 2012) ou The Last Waltz (Martin Scorsese, 1978) é preciso facer unha separación, especialmente entre aqueles que teñen por centro un evento/concerto, que son dos que falaremos neste texto. E é que, non é o mesmo un filme-concerto, que a realización dun concerto que un... Ler máis