DOCUMENTAMADRID 2018: ALEGRÍA NESTA LOITA

“Ser libre é non ter medo”. A cita pertence a Nina Simone e pode escoitarse no breve inserto que abre Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro), quizais a película máis pertinente de todas cantas tivemos ocasión de ver durante a decimo quinta edición de DocumentaMadrid. Pero tamén podería servir para ilustrar a filosofía adoptada por un festival que, tras librarse da lousa que lle supuxo no pasado certa vontade absurda de compracer a un sector mal entendido... Ler máis

IMAXES DE PROTESTA, PROTESTA DAS IMAXES

OPINIÓN PÚBLICA E CINEMA DOCUMENTARIO · O maior éxito das mobilizacións cidadás dos últimos meses está sendo devolver o debate político ás prazas de todo o estado, recuperando o espazo público tanto no plano físico coma no conceptual: á ocupación do territorio seguiulle a invasión do espazo mediático por discusos alternativos ao oficial, demostrando co discurso político e o sermón dos tertulianos rara vez casa coa opinión real da sociedade. Nesta caste de loitas... Ler máis

JORIS IVENS: DA PLUMA Ó FUSIL (1927-1933)

Henri Langlois distinguiu a Joris Ivens en 1957 como “o máis grande dos montadores e o máis grande documentalista vivo” (1). Dúas décadas máis tarde Ephraim Katz foi máis aló e sinalouno como “o documentalista máis importante da súa época” (2). A pesar destes eloxios, o propio Ivens definíase simplemente como “un cineasta activista seguindo o movemento revolucionario e servindo a quenes loitan pola súa liberdade e dignidade” (3). Ou, na súa versión máis... Ler máis

JEAN PAINLEVÉ: MICROCINE SUBACUÁTICO

Na obra teatral Obediently Yours, Orson Welles1, do dramaturgo Richard France, un Welles septuaxenario e fatigado argumenta con soberbia a súa decisión de prescindir do seu primeiro nome de pila (George) no seu nome artístico: “imaxinan Pygmalion asinada por un tal George Shaw?2 Ou a alguén chamado George que fose guionista e director en Hollywood, actor de cine e de teatro, produtor e director en Broadway, comentarista de radio e televisión, escenógrafo, debuxante, violinista,... Ler máis