SEFF 2013 (1/2): UN ARQUIPÉLAGO CONTINENTAL

Todo bo festival debe partir dun concepto sólido, e neste caso o Festival de Cinema Europeo de Sevilla fixo do xentilicio a súa bandeira. Que é daquela o cinema europeo? Ante todo, a xulgar polos títulos da sección oficial, é un arquipélago de illas que vén determinado pola colleita dos principais festivais do ano: dos dezaoito filmes en competición, oito procedían de Cannes, cinco de Venecia, dous de Berlín, un de Locarno e outro máis de Karlovy Vary, deixando marxe... Ler máis

PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA

A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo, só dura trinta segundos. Cada vez que aparecía na pantalla, a hipnose comezaba: a rabia do animal... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (e IV)

Cuarta parte Ruptura ou continuidade Josetxo Cerdán: Cando a min me ofreceron a dirección artística de Punto de Vista a oferta foi moi clara: entre tres e cinco anos de prazo. 2013 será o meu cuarto ano á fronte do evento (tres festivais máis un seminario, realizado neste pasado 2012) e o último. O acordo vaise a cumprir daquela segundo o pactado. Sinceramente, para min o feito de que a oferta incluíse un deadline era o mellor que podía pasar: sabía que tiña un tempo... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (III)

Terceira parte As finanzas dun festival Javier Angulo: Paréceme que puxestes o dedo na chaga. Non podemos comportarnos como eventos estritamente comerciais, que só buscan audiencias e facer negocio. Sempre pensei e crin que os festivais de cinema, pola súa propia natureza, non teñen o que se chama ‘afán de lucro’ e tenden a ser deficitarios, máxime agora que as institucións públicas están en retroceso no que toca a investimentos en festivais e cultura, en xeral.... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (II)

Segunda Parte Convidados, Actividades Paralelas e Publicacións Javier Angulo: Nós, na SEMINCI, distinguimos entre ‘participantes’ que veñen facer algo (presentar un filme, participar nas mesas redondas, presentar libros, etcétera), ‘convidados da industria’ (actores, directores sen filme, moitos distribuidores, institucións tipo Filmoteca, ICAA, FAPAE, EGEDA…), ‘convidados da prensa’ (prensa local, nacional e internacional) e finalmente ‘acreditados’,... Ler máis

FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN

Os festivais de cinema do estado español enfróntanse neste momento a unha situación de incerteza económica que está a impactar tanto na súa selección como nas actividades paralelas. A isto súmaselle unha nova dificultade (ou virtude, segundo se mire) á hora de programar: a deslocalización de contidos na Internet, que posibilita un coñecemento amplo e instantáneo das películas por parte da cinefilia que congrega estes eventos. Agora que debemos, ante os recortes, reivindicar... Ler máis

SEFF 2012: SOÑO E VIXILIA

Dicía o outro día Wenders na gala dos premios EFA que o cinema é a solución á crise. Pois ben, a última edición do Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla, comandada por José Luis Cienfuegos –quen fora durante 16 anos director do Festival de Xixón ata o torpe poutada da agrupación política de Álvarez Cascos a principios de 2012– serviu para tomarlle o pulso á produción europea do ano, creando un mosaico de obras que reflicten o sentir actual fronte... Ler máis

CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis