COURTISANE 2016: EPISODIOS NACIONAIS TRAUMÁTICOS

¿Son de novo os Vikingos? O presente partiuse para Bélxica, este tranquilo país, o martes 22 de marzo de 2016, cando as ambulancias e os coches da policía ruxían pola cidade, e os medios occidentais xirábanse cara Bruselas, esta vez non por consecuencia dun vergoñento acordo con Turquía, senon debido a unha cadea de atentados de carácter político-relixioso-criminal dirixidos contra a poboación civil. Foi só un día antes do inicio do festival de cine Courtisane, que... Ler máis

UNHA CRÓNICA DE 240 DÍAS EN COLOMBIA: DO NQS DE BOGOTÁ AO FICCI DE CARTAXENA DE INDIAS

Europa, ao meu ver, é como aquel ancián que xa pasou por todas as súas fases vitais, e agora, mirándose fixamente a uns ollos azul cobalto no espello do seu baño ben iluminado de mármore cor marfil, reflexiona de forma cómoda e fría sobre todo o que fixo. Sen xulgarse e sen arrepentirse de nada, ata chegar a xustificarse silenciosamente. Ese ancián comprensivo, sabio, gran demagogo, de corpo vigorosamente erguido e mente docemente maquiavélica, é verdadeiramente o Mefistófeles... Ler máis

FESTIVAL DE CINEMAS ALTERNATIVOS E INDEPENDENTES EN BARCELONA

Por 22º año consecutivo o Festival de Cinema Independent de Barcelona L’Alternativa asume o reto de constatar que hai vías cinematográficas posibles e necesarias que esquivan ao tempo que cuestionan as normas e convencións do cinema hexemónico. Entre o 16 e o 22 de novembro convidábanos a descubrir unha longa listaxe de títulos “non-dependentes” que libremente optan por eludir as rutinas e ortodoxia para demostrar que hai opcións diversas, outros modos de facer... Ler máis

JOSÉ LUIS GUERÍN: “ANALIZAR O MATERIAL FILMADO COMO FARO DAS SECUENCIAS QUE ESTÁN POR RODAR”

José Luis Guerín é un dos directores españois máis relevantes do panorama actual. Con Innisfree (1990), Tren de sombras (1997) e En construcción (2001), dilapidou as nocións clásicas do rexistro documental, dando lugar a películas consideradas por moitos como as precursoras en España das hibridacións propias da non ficción actual. En la ciudad de Sylvia (2007) levouno a filmar o seu primeiro filme “de equipo” dende a súa ópera prima Los motivos de Berta (1985),... Ler máis

CINEMA EN CURSO, A ASIGNATURA NECESARIA

Hai un par de semanas, no CGAI, os alumnos de catro centros galegos proxectaban os seus traballos. Ese evento humilde, lonxe de ser o clásico acto escolar, converteuse na mostra de catro filmes con mirada propia e criterio estético, e un encontro posterior con referencias pouco comúns mais necesarias. Tratábase das pezas resultantes de Cinema en Curso, un programa de pedagoxía do cinema en escolas e institutos e que conta coa colaboración dos cineastas galegos Ángel Santos,... Ler máis

CLAVES PARA (TENTAR) ENTENDER O FESTIVAL DE CINE DE OURENSE

OUFF 2012: Supervivencia contra prognóstico A 17ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) celebrouse do 2 ao 11 de novembro de 2012, e case foi un milagre que tivese lugar. En troques de comezar a preparala a comezos de xaneiro, como vén sendo habitual, o equipo do OUFF viuse coas mans atadas por mor das controversias e falta de entendemento (burocrático e económico) entre as dúas entidades públicas que conformaban o consorcio do evento (o concello... Ler máis

FREE RADICALS: RESEÑA CORRESPONDENCIA(S)

Queridos Víctor e Eloy: Primeiro de todo, presento as miñas escusas. Envío con moita demora –encargada hai meses- esta recensión da edición en DVD das Correspondencia(s). Como xa sabedes, foi editada no ultimo outono por Intermedio, o selo videográfico barcelonés de culto, unha empresa cultural de (merecido) prestixio, consecuencia da laboriosidade na selección do seu catálogo, na confección da edición mesma, do mimo e coidado establecidos en todo o proceso. E un... Ler máis

Crónica 22 de novembro

“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas poderían resumir a dirección que está a debuxar o programa do FIC Xixón 2011. Se Nicolas Klotz... Ler máis

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte II)

“PARA MIN FOI MÁIS BENEFICIOSO IMAXINARME O ‘UNDERGROUND’ QUE DESPOIS COÑECELO” · Segunda parte da entrevista con José Luis Guerín, máis centrada en La dama de Corinto, Correspondencias e no seu próximo proxecto. Interrompemos a anterior en medio dunha resposta na que recordaba a súa mocidade. Neses anos, a miúdo imaxinaba as películas a través dos fotocromos que observaba nas vitrinas dos cines. A conversa continuou así:   “Retomei... Ler máis

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte I)

“ESTIMÚLAME OUTORGAR VALOR SEMÁNTICO ÁS PEGADAS DUNHA PAISAXE” · José Luís Guerín, un dos realizadores esenciais do cinema español contemporáneo, autor de películas como En construcción (2001) ou En la ciudad de Sylvia (2007), visitou o pasado 24 de xuño o CGAI para impartir unha clase maxistral e presentar o seu último filme, Guest (2010). A conversa que mantivemos con el céntrase neste e nos seus dous traballos máis recentes. Por unha banda, a correspondencia... Ler máis