Un cielo tan turbio, de Álvaro F. Pulpeiro

Baixo a auga, dirixindo a mirada cara á superficie, todos os océanos parecen o mesmo. Trátase dunha astuta ferramenta introdutoria: mergullarnos durante varios segundos, desorientados, preguntándonos onde estamos e a que imos asistir. Cando a cámara emerxe, a imaxe é negra e está presidida por unha labarada de lume; é só un aviso do que virá a continuación: retratos dun país convulso, descomposto, e do tránsito consecuente da súa poboación e as novas cotiandades... Ler máis

AD ASTRA, de James Gray

O futuro próximo. Un tempo de esperanza e de conflito. A humanidade mira ás estrelas en busca de vida intelixente e a promesa de progreso. … Ás estrelas. Ad Astra. 1. O regreso do fillo pródigo Todo comeza para James Gray co regreso do fillo pródigo. Un asasino profesional volve ao barrio en que creceu (Little Odessa), un expresidiario volve a casa decidido recuperar a súa vida (The Yards), a ovella descarreirada dunha familia de policías regresa da noite de Brooklyn... Ler máis