FESTIVAL DE CINEMAS ALTERNATIVOS E INDEPENDENTES EN BARCELONA

Por 22º año consecutivo o Festival de Cinema Independent de Barcelona L’Alternativa asume o reto de constatar que hai vías cinematográficas posibles e necesarias que esquivan ao tempo que cuestionan as normas e convencións do cinema hexemónico. Entre o 16 e o 22 de novembro convidábanos a descubrir unha longa listaxe de títulos “non-dependentes” que libremente optan por eludir as rutinas e ortodoxia para demostrar que hai opcións diversas, outros modos de facer... Ler máis

J.P. Sniadecki: “As nosas influencias fóronse afastando co tempo dun tipo de documental máis convencional” (2/2)

Vén da primeira parte Nos teus últimos filmes, e tamén nos últimos do Sensory Ethnography Lan (SEL), hai unha certa recorrencia cara a dispositivos de gravación máis marcados que se arredan do documental clásico. Como ves esta mudanza, esta relación entre unha vangarda estética e o traballo etnográfico ou o documental máis tradicional? Se cadra estamos algo aburridos do documental [risas]. Tanto eu coma Stephanie [Spray], desde que chegamos a Harvard, destinamos moito... Ler máis

J.P. Sniadecki: “É Bonito pensar sobre o acto de filmar como unha resposta ás dinámicas do momento no que filmas” (1/2)

Conversamos con John Paul Sniadecki (Michigan, 1979) aproveitando a súa visita ao Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) da Coruña, onde presentou as súas dúas últimas obras, People’s Park (Libbie D. Cohn / J.P. Sniadecki, 2012) e Yumen (J.P. Sniadecki / Xu Ruotao / Huang Xiang, 2013). Malia súa xuventude, Sniadecki conta xa cunha importante filmografía na que tamén salientan títulos como Chaiqian ([Demolition], J.P. Sniadecki, 2008) ou Foreign Parts (Véréna Paravel... Ler máis

PdV 2013: SOSPEITOSOS HABITUAIS

En menos dunha década, Punto de Vista soubo crear unha liña de programación na que xa se van recoñecendo varios ‘cineastas na casa’: entre os sospeitosos habituais deste ano, algúns competían na sección oficial (Jem Cohen, Kevin J. Everson, Sylvain George, Laila Pakalnina), outros pasaron polas seccións paralelas (Alan Berliner, Thom Andersen, Ben Russell & Ben Rivers) e mesmo houbo un que volveu como xurado (JP Sniadecki). Ademais, o festival coida con... Ler máis

PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA

A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo, só dura trinta segundos. Cada vez que aparecía na pantalla, a hipnose comezaba: a rabia do animal... Ler máis