LAS PALMAS 2017: REFERENTES CINEMATOGRÁFICOS OU IMITACIÓNS QUE FACER
A decimosétima edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria vén a afianzar, un ano máis, a vitalidade dunha cita que reune ao mellor cinema nesta illa atlántica. Entre os directores escollidos aparecen nomes coma Alex Ross Perry, dentro da Sección Oficial, ou David Sainz, dentro do Cinema Canario. Pero, como comentaban nun intre antes dunha proxección, pouco importa quen está seleccionado cando teñen que compartir festival cun xenio coma Aki... Ler máis
SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA
Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis
CAFÉ SOCIETY, de Woody Allen
O cinema de Woody Allen leva nos últimos anos caracterizándose por unha continua revisión. Recordemos que Match Point (2005) non era senón unha volta con transfundo londiniense á trama e conflitos de Delitos y faltas (1989), ou que Si la cosa funciona (2009) contaba cun argumento moi similar ao de Poderosa Afrodita (1995) coa vea cómica de Larry David. O seu último filme, Café Society, toma prestado de Días de radio (1987) a súa coidada ambientación histórica e chiscadelas... Ler máis
CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA
A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis
CANNES DÍA 9: ALBERT SERRA E A AGONÍA DA CIVILIZACIÓN OCCIDENTAL
O enfant terrible do cinema español chegou ao noveno día a Cannes, e sorprendeu. Albert Serra presentou hoxe fóra de competición La mort de Louis XIV (2016), co mítico actor Jean-Pierre Léaud, que encarnara a Antoine Doinel nos filmes de François Truffaut, no papel protagonista. A elección deste tótem da interpretación en Francia para dar vida a un rei decrépito, postrado e moribundo non é casual. A morte de Luís XIV do catalán é a historia dunha agonía, pero... Ler máis
CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas
Xa que no mundo real nunca sucedeu, imaxinemos que nun universo paralelo houbo un produtor/mecenas que reuniu no mesmo cuarto a dous cineastas moi distintos e lles propuxo rodar un filme a partir dunha mesma idea que cada un debería levar ao seu terreo: unha estrela cinematográfica decide afrontar a súa crise de mediana idade implicándose nun proxecto teatral que lle afectará persoalmente e fará que cuestione o seu talento, traxectoria e lugar no mundo. Esta brevísima... Ler máis