YOUTH, de Paolo Sorrentino
“Non é La Gran Belleza”. Por suposto que non o é. As comparacións son ineludibles, tanto La Gran Belleza (2013) como Youth (2015) tratan o transcurso do tempo, de canto pasou e do que queda por diante. En ambas se evalúa unha vida na que aínda quedan asuntos pendentes, as dúas tratan sobre a xuventude e a vellez, o pasado e o futuro, a amizade e a soidade. Pero La Gran Belleza é, ao fin e ao cabo, unha festa. Youth é calma, sosego, quietude. Un director de orquesta... Ler máis
LA GRANDE BELLEZZA, de Paolo Sorrentino
Roma era unha festa Que La grande bellezza (Paolo Sorrentino, 2013), un mordaz retrato dos usos e costumes da jet set italiana en pleno ocaso da era de Silvio Berlusconi, fose financiada por Mediaset resulta cando menos curioso. Sobre todo porque Paolo Sorrentino non se queda á metade na súa embestida contra a plana maior do establishment romano: nobres vidos a menos (que se alugan para soirées), burgueses arribistas, intelectuais arrimados ao poder, artistas conceptuais (que... Ler máis