DECLARACIÓN DE GUERRA, de Valérie Donzelli

O escritor venezolano Carlos Yusti escribe sobre a definición de “o cursi” o seguinte: “Poderíase denominar que o cursi é unha esaxeración estoxadiza polo artificio, é unha inclinación en superlativo polo mal gusto. Posúe unha lóxica entre o solemne e o caricaturesco. O ridículo non é o paraíso, senón a súa morriña con ‘soponcio’ e ‘telele’ incluído. É a Miss Venezuela electa, quen sobreactuando a súa sorpresa por ser a gañadora... Ler máis

CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención de informar o lector, evitándolle así pasar un mal trago (que o crítico xa padeceu) ou dar... Ler máis

Crónica 20 de novembro

Seis horas de autobús por carreteiras que semellan montañas rusas resultan demasiado para o meu estómago. Nin que Xixón fosen os Cárpatos. Eu, como bo cinéfilo, fun sempre máis de tren. Está a piques de comezar a sesión de Dark Horse, de Todd Solondz, no Teatro Jovellanos, e apuro os minutos para ver na pantalla dun bar como marcha o resultado das eleccións. Co 83% escrutado, o PP leva 187 escanos. Se Mariano quere, o ano que vén virei en AVE. Por que pagar voluntariamente... Ler máis

CANNES? QUE CANNES?

Hai anos en que boa parte dos asistentes ao Festival de Cannes acaban por preguntarse onde estaban as verdadeiras películas independentes. Pasou este. A sección oficial acapárana algúns dos autores máis reputados: Allen, Almodóvar, Malick, Von Trier. Si, mais, até que punto podemos considerar un filme de 30 millóns de dólares unha produción independente, máis cando, antes de comezar o festival, xa está vendido a todo o mundo? Non é só unha cuestión de orzamento,... Ler máis