SAN SEBASTIÁN 2017 (II): SECCIÓN OFICIAL

No artigo previo xa advertimos o síntoma de melloría ofrecido pola selección oficial de San Sebastián. Durante esta edición, a meirande parte de filmes a concurso que tivemos ocasión de ver –13 de 17–, se ben en moitas ocasións resultaron sen erradas, ofrecían unha razón de ser alén do seu molde: por momentos, breves pero intensos, ata pareceron lonxanos os días nos que Sección Oficial era aquela que menos garantías ofrecía de toda a programación, confeccionada... Ler máis

O MELLOR DE 2013

A continuación lístanse os vinte títulos máis valorados da tempada cinematográfica 2013 polos colaboradores da revista. Máis abaixo pódense consultar as votacións individuais e os seus participantes. Cada listaxe, de dez títulos, outorga 10 puntos ao primeiro, 9 ao segundo, e así sucesivamente, a non ser que se especifique outra modalidade de puntuación. 1. La vie d’Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013) 100 puntos / 13 votos 2. The Act of Killing (Joshua Oppenheimer,... Ler máis

LA HERIDA, de Fernando Franco

As cousas son así: non hai comezo nin solución, estamos con Ana e sufrimos con Ana. Na primeira escena, o personaxe ten un ataque de ansiedade e o público debe ficar canda ela, malia que preferiríamos non estar alí, non compartir esa experiencia. Por sorte, La herida (Fernando Franco, 2013) non é un filme sádico: nunca ocorre nada extremo, ningún punto de inflexión, non hai crueldade, ao revés, hai case empatía cara a protagonista. Como ela, os espectadores quereríamos... Ler máis