SAN SEBASTIÁN 2016 (III): RESUMO E CRÓNICA FINAL (2/2)

III. PERLAS Ao reunir cada ano unha colección de títulos que xa chegan de Cannes, Berlín ou Venecia coa vitola de seren as citas máis importantes do ano cinematográfico, a maioría con estrea nos meses sucesivos asegurado, a sección de Perlas tende a acaparar en tódalas edicións varias das películas máis destacadas de San Sebastián. Hai incluso casos –L’avenir ou Neruda na presente edición- nos que apenas uns poucos días median entre o pase donostiarra e... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2016 (II): FERMOSA XUVENTUDE

Boa parte das divisións que xurdiron no recente Festival de San Sebastián contaron coa xuventude como pilar dos seus debates. A presencia no certame dun Xurado Xoven numeroso e heteroxéneo, cuxas puntuacións delatan unha ausencia xeral de aprecio cara o cine arriscado ou con certo carácter de búsqueda -títulos variopintos como La idea de un lago, Summer Lights ou La larga noche de Francisco Sanctis apenas sobrepasaron o seu aprobado- en beneficio dunha serie de filmes... Ler máis

CANNES DÍA 10: IGGY ROCKS

As estrelas, estrelas son, non importa a categoría da arte á que pertenzan. O público da sesión de medianoite de onte no Gran Teatro Lumière acolleu con entusiasmo a estrea de Gimme Danger (2016), dirixida por Jim Jarmusch, que entrevista á lenda do rock Iggy Pop. Máis que un retrato persoal sobre a súa figura, trátase dunha volta ao tempo dos Stooges dende o relato do seu solista, único membro aínda vivo dunha banda que revolucionara o rock dos anos setenta. O documental... Ler máis