Procesos #29 – Alfonso Zarauza

Seis anos despois da súa última longametraxe, Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) presenta o seu novo traballo no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ons céntrase nunha parella en crise, interpretada por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’, que se traslada a pasar o verán na illa titular, onde a chegada dunha estranxeira misteriosa provoca que afloren secretos e sentimentos ocultos. Con apenas 5 longametraxes ás súas costas, Zarauza conta cunha das filmografías... Ler máis