Curtocircuíto 2022: Explora

Camera Test, de Siegfried A. Fruhauf Os festivais de cinema que máis me interesan sempre foron eses capaces de realizar apostas propias e gañarse unha identidade singular, ao tempo que en cada edición se preguntan sobre o seu modelo e van incorporando novas indagacións. Cando un proxecto xa está asentado, xorde unha pregunta lóxica e de difícil resposta: que facer con eses cineastas polos que se apostou dende o inicio e que de forma continuada presentan filmes ao certame?... Ler máis

BOTAS, TUPÉS E ROCK’N’ROLL DOS ‘KOLJÓS’: KAURISMÄKI E OS LENINGRAD COWBOYS

Di o tópico que nos traballos menores do corpus de moitos autores pódese atopar o xerme de moitas das súas obras posteriores. Aki Kaurismäki acumula xa 18 longametraxes dentro da súa vasta filmografía, ás que se poden engadir unha longa para televisión, unha serie de curtametraxes, e varios videoclips. E aínda que curtas como Todos los perros van al Cielo ou La Fundición foron suficientemente aplaudidas e analizadas por certos sectores da crítica, talvez pola súa... Ler máis