O mellor de 2023
Manténdonos fieis á senda inaugurada hai tres anos, dende A Cuarta Parede volvemos propoñer o noso particular balance deste ano que remata. Intentando fuxir das clasificacións e listaxes tradicionais que buscan condensar e xerarquizar a experiencia cultural, na revista queremos abrazar a singularidade da mesma. Desta forma, convidamos aos nosos colaboradores a contribuír a un resumo libre e ecléctico do ano, alleo a restricións temporais, de formato e de xénero, no que... Ler máis
Otra ronda, de Thomas Vinterberg
«Agora tan só estraño a miña primeira añoranza. Que é a mocidade? Un soño. Que é o amor? O contido dun soño» [1]. O filósofo existencialista danés Søren Kierkegaard viviu atormentado pola perfección e o baleiro, pola eterna procura de motivos e propósitos. Obsesionado coa fe, a súa perfección era a perfección cristiá, e desexaba ser tanto o poeta como o heroe do cristianismo. Kierkegaard escribía pero aterráballe considerarse escritor, amaba pero... Ler máis
BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (3/3)
The Salt of Tears, de Philippe Garrel © Rectangle Productions Podes ler a versión orixinal deste texto en inglés. Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial da 70ª Berlinale. Os afeccionados á nouvelle vague sentiranse un pouco nostálxicos con The Salt of Tears, de Philippe Garrel, sobre todo pola súa paleta monocromática e os seus matices existenciais. A película segue a vida de Luc (Logann Antuofermo), mentres vive as súas primeiras experiencias amorosas e intenta... Ler máis
BERLINALE 2019: SECCIÓN OFICIAL
Synonyms (Nadav Lapid) © Guy Ferrandis A última edición do Festival Internacional de Cine de Berlín (7-17 de febreiro) foi especialmente prolífica no que se refire a titulares e polémicas arredor da súa programación. Despois de 18 anos como director artístico da Berlinale, o xermano Dieter Kosslick despedíase do festival cunha 69ª edición que prometía moito máis do que acabou ofrecendo, especialmente cando falamos dun dos maiores escaparates de cinema a nivel global.... Ler máis
MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS
Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nunha sorte de conmemoración dos seus 20 anos de carreira como cineasta nos que deu a luz outros tantos proxectos audiovisuais, María Ruido tráenos unha reflexión sobre a maternidade. Unha reflexión feminista que pon sobre a mesa a figura da mala nai, desa nai que se permite non querer ser nai e desa nai que se arrepinte delo, e como esta aceptación da maternidade fóra dos... Ler máis
CANNES 2018 EP. 7: A VIOLENCIA DE SPIKE LEE, LARS VON TRIER E PANOS COSMATOS
Tinguíronse de sangue as pantallas de Cannes nas últimas horas. Onte puidemos ver Blackkklansman (2018), o último “joint” de Spike Lee, que se mantén fiel ás súas constantes temáticas e estéticas, elixindo adaptar o ensaio de Ron Stallworth sobre unha investigación que lle tocou levar en Colorado Springs (Colorado) en 1954. Sendo o primeiro policía negro da localidade, asignáronlle infiltrarse en grupos próximos ás Panteiras Negras e acabou por facelo no seo... Ler máis
O FILME-ENSAIO SOBRE ARTE: DO DIÁLOGO ESTÉTICO AO ENSAIO FICCIONADO
O encontro entre o cinema e as artes visuais é recente, pero tardará varias décadas en volverse un diálogo efectivo; sucesivos tanteos irán facendo cada vez máis complexa a mirada do cineasta. Dentro deste proceso, o cruce entre o cinema sobre arte e o cine-ensaio, cada un cos seus desenvolvementos paralelos, coa súa fixación de ferramentas expresivas, suporá unha sorte de culminación para ambos campos: un pensamento estético en imaxes, expresado en primeira persoa,... Ler máis
UN LUSTRO DE CINEMA
Vaites, manda truco: preguntamos aos nosos colaboradores cal é o mellor filme do lustro e van e elixen Boyhood (Richard Linklater, 2014), un título deste ano, antes mesmo de que publiquemos a escolma do mellor do ano. Porén, Boyhood é un filme tanto de 2014 como de 2010, ou mesmo de 2005, posto que Richard Linklater botou doce anos filmando a vida de Mason / Ellar Coltrane. Dende esta perspectiva, Boyhood ben pode ser o mellor filme do lustro, do século, do milenio! Hipérboles... Ler máis
‘CUANDO LAS PELÍCULAS VOTAN’
Un ano atrás, cando Pablo Iglesias Turrión non era aínda o animal político que lidera arestora Pablemos, como lle chaman ao seu partido en Domingos en Chándal, adicaba parte do seu tempo a escribir e editar textos científico-académicos que, entroutros temas, ás veces mesmo falaban de cinema. Cuando las películas votan. Lecciones de ciencias sociales a través del cine dá conta precisamente desa actividade, anque o único artigo asinado por Iglesias -un breve comentario... Ler máis
CINEMA E DOENZA MENTAL
O cinema abordou en moitas ocasións o tema da doenza mental. Pensemos, por exemplo, en Spellbound (Alfred Hitchcock, 1945) ou Marnie (Alfred Hitchcock, 1964), onde hai un doente e unha concepción da psicanálise un pouco inxenua: a lembranza do trauma propiciará a curación (concepto abandonado por Freud nos inicios da súa elaboración, ao observar que o saber non curaba) sempre que, claro está, concorra o amor. Podemos pensar así mesmo en Woody Allen, que fixo da súa... Ler máis