Curtocircuíto 2023: Sección Cosmos
Nazarbazi, de Maryam Takafori A vixésima edición de Curtocircuíto (3 – 8 de outubro) trouxo consigo algúns cambios na división do programa das seccións oficiais, nun intento de achegarnos as pezas proxectadas eliminando as fronteiras entre elas, coa decisión de unificar as antigas Explora, Radar e Penínsulas nunha nova sección oficial denominada Cosmos. Esta decisión non só se ve reflectida na pluralidade estilística e temática das obras, senón que facilitou a... Ler máis
FICBUEU 2023: Sección Oficial 2 — Límites, limiares e fronteiras
Aqueronte, de Manuel Muñoz Rivas Empezamos a viaxe cunha néboa densa que esvaece os contornos das cousas. Vemos apenas unhas árbores altas, mexidas polo vento, mentres un ruído de auga e de cadeas vai debuxando a escena máis aló da imaxe: desprazámonos sobre un barco que se adentra no río. O título da película, Aqueronte (Manuel Muñoz Rivas), alude ao río que as almas dos mortos cruzaban na barca de Caronte. As resonancias do mito operan sobre a base da cotiandade... Ler máis
COURTISANE 2016: EPISODIOS NACIONAIS TRAUMÁTICOS
¿Son de novo os Vikingos? O presente partiuse para Bélxica, este tranquilo país, o martes 22 de marzo de 2016, cando as ambulancias e os coches da policía ruxían pola cidade, e os medios occidentais xirábanse cara Bruselas, esta vez non por consecuencia dun vergoñento acordo con Turquía, senon debido a unha cadea de atentados de carácter político-relixioso-criminal dirixidos contra a poboación civil. Foi só un día antes do inicio do festival de cine Courtisane, que... Ler máis