버닝 (BURNING), de Lee Chang-dong

Hai misterio, hai sospeita e, sobre todo, hai metáforas: da epifanía do sol reflectido nunha parede (o vello desexo de Edward Hopper) ao pesadelo dos invernadoiros en chamas (a manobra de distracción ideada por Haruki Murakami no relato que dá pé a este filme, ‘Queimar Invernadoiros’). 버닝 (Burning, Lee Chang-dong, 2018) é un traballo cheo de engados para o público, a quen lle corresponde dar continuidade á historia no seu maxín. Que son daquela eses invernadoiros?... Ler máis

NOVOS CINEMAS 03: LATEXOS

Continuamos a revisión dos títulos do último Novos Cinemas cos filmes pertencentes á sección Latexos. Cinco filmes inéditos en Galicia para un espazo que estreaba xurado e premio da crítica e na que destacaba a abundante representación femenina. Entre as seleccionadas, Young & Beautiful (Marina Lameiro, 2018), gañadora do premio do  público no Festival Punto de Vista; La muerte del maestro (José María Avilés, 2018) proxectada en Rotterdam e Sao Paulo; Letters... Ler máis

CANNES 2018 EP. 9: LEE CHANG-DONG ADAPTA CON SUTILEZA E XENIO A HARUKI MURAKAMI

Queixabámonos dun inicio frouxo hai unha semana, mais o certo é que esa tónica foi a excepción en Cannes. A un par de días da clausura, día tras día, o festival está a ofrecernos filmes destacables. É o caso de Burning (Lee Chang-dong, 2018), no que o surcoreano adapta un relato de Haruki Murakami para, gardando intacto o ton misterioso e máxico do escritor nipón, levalo ao seu terreo cunha narrativa sutil e un xenio poético que coloca a Burning no máis alto dunha... Ler máis

BUSÁN 2014 (I/II): A COLLEITA COREANA

O pasado outubro pechouse o 19º Festival Internacional de Cinema de Busán, o BIFF, en Corea do Sur. Nesta revista temos mencionado a maiúscula importancia deste evento, ao ser o maior festival de cinema de Asia. Aénfase está posta, primeiro, no cinema local, despois no cinema producido en Asia (o logo do festival é ‘BIFF, o centro do cinema asiático’), e por último no cinema mundial. Mais non sóde estreas, presentacións, visitas de directores e actores trata... Ler máis

O HAN NO CINEMA SURCOREANO

Ban Ki-Moon a ritmo de Gangnam Style, os omnipresentes móbiles Samsung, a incipiente presenza do kimchi nos bufetes asiáticos, a ameaza de guerra nuclear de Kim Yong-un… Como rezaba a reportaxe central de El País Semanal do pasado 8 de setembro: “Corea del Sur. La próxima invasión”. O cinéfilo ri co titular, porque iso de que a cultura popular do país non estivera moi presente ata agora no noso, como que non é moi exacto1. 2003: Memories of Murder (Bong Joon-ho)... Ler máis

FOTOCOPIAS SEN BRILLO

CURTAMETRAXES NA SEMANA DA CRÍTICA DE CANNES Se consideramos Cannes a grande cita cinéfila anual para lle tomar o pulso ás tendencias cinematográficas da tempada, as curtas presentadas na Semana da Crítica o pasado maio non poden ser tomadas máis que como copias torpes do que acontece nas seccións de longas. A selección deste 2011 evidencia que, para a meirande parte dos directores, o formato breve segue a ser unha escusa para a aprendizaxe e experimentación das súas... Ler máis

THE HOUSEMAIDS: DERIVAS DO CINEMA SURCOREANO (1960-2010)

A mediados dos 90, o cinema surcoreano comeza a ter certa relevancia no panorama internacional grazas á converxencia de varios factores. A saída definitiva do extenso letargo ditatorial, importantes investimentos na industria cinematográfica de grandes marcas surcoreanas, e varios anos de liberdade de expresión, repercuten directamente na mellora da calidade cinematográfica, no recoñecemento internacional e no interese crecente polas producións realizadas no país. Neste... Ler máis