PHILIPPE MANGEOT: “SIGO CONVENCIDO DE QUE AÍNDA É POSIBLE CREAR CONCIENCIA NO MUNDO”
Despois dun triunfante percorrido por numeroso festivais internacionais, que comezou coa súa estrea na última edición de Cannes, chega ás nosas pantallas 120 battements par minute (2017), do francés Robin Campillo. A película, ambientada nos anos 90, está baseada nas accións reais levadas a cabo polo grupo Act Up, organización en defensa do colectivo LGTBI, durante os anos máis duros da crise da SIDA en Francia. Tivemos a sorte de conversar co guionista Philippe Mangeot... Ler máis
LA IDEA DE UN LAGO, de Milagros Mumenthaler
Uns meses despois de vela, o que quedou de La idea de un lago (Milagros Mumenthaler, 2016) na miña cabeza eran moitas imaxes fascinantes gravadas no meu cerebro, máis que a maneira na que a película as conecta entre elas. Unha nena achegándose á cámara e abafando a lente co seu alento. A mesma nena bañándose nun lago mentres un Renault 4 flota e xoga con ela. A póla dunha árbore caendo no bosque sen que ninguén a vexa. Un neno vestido de Superman sentado ao volante... Ler máis
ACORDAR
acordar verbo transitivo 4. Ter na memoria. verbo intransitivo 6. Deixar de estar durmido. (Dicionario da Real Academia Galega) Videoensaio sobre Esquece Monelos (Ángeles Huerta, 2016) e La Jetée (Chris Marker, 1962). Dous filmes que tratan o tema das lembranzas coma parte central desde dous achegamentos totalmente diferentes. Esta peza trata de ser unha ponte que remarque as similitudes estéticas e narrativas que os dous filmes comparten. Read More