LADY BIRD, de Greta Gerwig
Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis
UN 2013 FRAGMENTARIO E PERFORMÁTICO
Que é a narrativa cinematográfica? Podemos comprender os filmes sen a influencia doutras artes, como a fotografía, a pintura ou a literatura? Dando por sentado que é imposible abstraernos por completo destas herdanzas, son moitos os teóricos do cinema que, dende a semiótica ou outros campos, intentaron establecer unha gramática para o cinema. Pensemos en Dziga Vertov e o seu cine-ollo, na caméra-stylo de Alexandre Astruc, no aparato cinematográfico de Jean-Louis Comolli,... Ler máis
GIRLS, de Lena Dunham
UNHA MOZA É UNHA MOZA Non hai tantos anos Pilar Aguilar, no seu estudo Mujer, amor y sexo en el cine español de los 90, chamaba a atención sobre que “o xeito feminino de ver e de interesarse polas cousas aparece infrarrepresentado e infravalorado nese espello público que é a ficción audiovisual”i. Esta falta non era exclusiva do ámbito español senón que, como sinalaba a feminista Laura Mulvey, debíase a que o cinema convertía a muller en obxecto de desexo pasivo... Ler máis