LAS PALMAS 2018: PLURALIDADE EN CURTO

Como xa apuntamos na nosa crónica sobre a Sección Oficial de longametraxes do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, a última entrega do certame canario ofreceu unha multiplicidade de xéneros, formatos e historias orixinais entre as películas en competición. Esta pluralidade foi aínda máis notable no que se refire á selección de curtas, onde ademais atopamos un maior equilibrio entre directoras e directores. O comité do festival escolleu 12 filmes... Ler máis

A FÁBRICA DE NADA, de Pedro Pinho

Sabemos o que non queremos: nin demagoxia, nin desposesión. Non queremos un capital que esvaeza de súpeto deixando un ronsel de traballadores desempregados e fábricas abandonadas, nin que nolo conten unha e outra vez do mesmo xeito, coa mesma mecánica oxidada. Os camaradas da produtora Terratreme son os primeiros que non queren filmes resesos. Teñen unha historia: unha fábrica autoxestionada que sobreviviu á fuga dos seus patróns, nos tempos da Revolución dos Cravos.... Ler máis

CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL

Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como xa argumentaron os meus colegas Luís Mendoça e Jorge Mourinha nas súas respectivas crónicas para... Ler máis