CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL

O Teatro Municipal de Vila do Conde converteuse por uns días nunha enorme bola de cristal na que puidemos enxergar o pasado, o presente e o futuro do cinema portugués: nela vimos pezas que complementan traxectorias sólidas e lonxevas, como o autorretrato Où em êtes-vous, João Pedro Rodrigues (João Pedro Rodrigues, 2017), premiado como mellor filme da competición nacional; descubrimos tamén aos novos herdeiros de determinadas liñaxes egrexias, como Farpões Baldios (Marta... Ler máis

CURTAS 2016: XENEALOXÍAS EN ESPIRAL

Público e crítica tiñan moitos motivos para estar á vontade no último Curtas Vila do Conde: o reencontro cos amigos, o gol do Éder, o sol do verán ou as copas na noite. Neste sentido, a experiencia do festival estivo á altura das expectativas, mais o nivel dalgunha sección, nomeadamente da competición nacional, ficou un bocado por debaixo doutros anos. O problema, como xa argumentaron os meus colegas Luís Mendoça e Jorge Mourinha nas súas respectivas crónicas para... Ler máis

Un canon para o cinema galego

Cales son os filmes máis relevantes da historia do cinema galego, aqueles que poden crear unha tradición, unha liñaxe, un fío que vaia unindo títulos de distintas épocas e estilos até conformar un canon do que poidamos sentirnos fachendosos? Cales son entón esas obras que espertan a nosa admiración como espectadores, e que mesmo poden servir de inspiración aos cineastas do presente e do futuro? Calquera libro de historia do cinema responderá a estas preguntas cunha... Ler máis