PATERSON, de Jim Jarmusch

Tódolos días son igual de diferentes. As nosas rutinas poden resumirse nun feixe de verbos e substantivos que non mudan dun día para outro, mais as diferenzas están nos adxectivos, nas emocións que nos acompañan, nas persoas que atopamos, nas conversas que temos. O mundo está á nosa espera: só fai falla saír da cama. Por iso, Jim Jarmusch comeza cada un dos oito fragmentos que forman o seu último filme coa mesma imaxe: un plano cenital do protagonista acordando na... Ler máis

CERTAIN WOMEN, de Kelly Reichardt

Reichardt’s Cutoff Kelly Reichardt continúa neste novo filme co seu traballo, case sociolóxico, de reflexionar sobre a América profunda, rural e esquecida;ese vello e mítico Oeste, o territorio máis recorrente na súa filmografía: Oregón en Old Joy (2006), Wendy and Lucy (2008), Meek’s Cutoff (2010) e Night Moves (2013), e agora Montana en Certain Women (2016). Esta América desencantada e abandonada, vítima da globalización e da especulación financeira, semella... Ler máis

O ORNITÓLOGO, de João Pedro Rodrigues

Identidades mutantes Ser un, ser outro, ser doutra maneira. Ser aquilo que desexamos, que rexeitamos ou que ignoramos. Ser en proceso, en permanente transformación, guiados polo desexo, polo destino ou simplemente polo azar. Os personaxes de João Pedro Rodrigues son sempre suxeitos ambivalentes, abertos ás múltiples permutacións que admite a identidade: poden ser homes que se converten en bestas, como en O Fantasma (1999); mulleres que se converten en homes, como en Odete... Ler máis