SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis

Procesos #17 – Ramiro Ledo

 Vídeo-entrevista que imita a escena máis longa de Vida Extra, de Ramiro Ledo. Un único plano fixo ao redor dunha mesa, no que existe asincronía nas voces e invertido para dificultar a identificación de quen fala. __________ Mudar de Imaxe / Imaxes de Mudanza En Changer d’image – Lettre à la bien-aimée (1982), unha curtometraxe de Jean-Luc Godard sobre a súa pasaxe por Mozambique como asesor do goberno de Samora Machel no proceso de creación da televisión... Ler máis

THE HOUSEMAIDS: DERIVAS DO CINEMA SURCOREANO (1960-2010)

A mediados dos 90, o cinema surcoreano comeza a ter certa relevancia no panorama internacional grazas á converxencia de varios factores. A saída definitiva do extenso letargo ditatorial, importantes investimentos na industria cinematográfica de grandes marcas surcoreanas, e varios anos de liberdade de expresión, repercuten directamente na mellora da calidade cinematográfica, no recoñecemento internacional e no interese crecente polas producións realizadas no país. Neste... Ler máis