Dhogs, de Andrés Goteira

Din que unha xeración dura quince anos, pero canto dura unha xeración cinematográfica? Moitas veces, desde a crítica e a academia, trátase de poñer etiquetas a todo o que vemos, especialmente se iso que vemos é algo que escapa do cotián. Así, xorde con Dhogs, e con outros filmes coetáneos, a tentación de outorgarlle un nome a estes creadores ao igual que se fixo coa xeración do Novo Cinema Galego. Mais, acaso hai un cambio de xeración? Se ben é innegable que o NCG... Ler máis

ÁLVARO GAGO (I/II): “FACER CINE É POLÍTICA, É HUMANIDADE, É ESPERANZA”

Matria, filme de Álvaro Gago, vén de facer historia no cinema galego tras gañar o Grande Premio á mellor curtametraxe no prestixioso festival de cinema Sundance en Utah, Estados Unidos. Non é o primeiro galardón que recibe o seu último traballo, unha cinta que narra o transcurso dun día laboral de Francisca, traballadora dunha conserveira da zona de Cambados. Unha muller sobreexplotada no seu posto de traballo e no seu fogar, que representa a unha de tantas outras mulleres... Ler máis