PAULO ROCHA, O ETERNO APRENDIZ

Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Paulo Rocha, falecido en decembro de 2012 aos 77 anos, é un dos nomes máis importantes do cinema portugués das últimas décadas. A pesar das dificultades no acceso ao seu traballo —ningún dos seus filmes está aínda editado en DVD— Paulo Rocha é recoñecido en varios circuítos cinéfilos e críticos internacionais como autor dunha das máis importantes obras cinematográficas en lingua portuguesa, unha complexa... Ler máis

O GEBO E A SOMBRA, de Manoel de Oliveira

A DERRADEIRA ESPERA Pasa o tempo e a sabedoría do centenario mestre portugués Manoel de Oliveira non decrece un ápice. A vontade de expresión testamentaria hai tempo que perdeu o seu sentido, xa que cada un dos seus filmes conserva ese pouso de obra definitiva, perfectamente acabada, ao tempo que escandalosamente precoz na súa lucidez. Fiel os seus dispositivos narrativos, discursivos e mesmo escénicos, en O Gebo e a Sombra, coprodución franco-portuguesa co respaldo de... Ler máis