LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA

O cinema da escocesa Lynne Ramsay ten a determinación de deixar que as imaxes falen por si soas. Existe a miúdo un aire de realismo máxico na súa obra; un realismo no que as imaxes, estrañas e incómodas pero tamén poéticas, significan as sombrías historias dunhas personaxes que se enfrontan ás consecuencias da incomunicación e da violencia. A pesar de que a maioría das súas películas son adaptacións a partir de novelas ou relatos literarios, o seu cinema estrutúrase... Ler máis

Número 39

Setembro é, sen lugar a dúbidas, o momento da volta ao cole. Volve a rutina laboral e volven as horas puntas e os espertadores ruxindo. Nós, que aproveitamos o verán ata o máximo, tamén estamos xa de volta na mellor das rutinas: a do cinema. É por iso que xa estamos a facer as maletas para asistir á citas ineludibles como o Festival de San Sebastián, Curtocircuíto, PortoPostDoc ou o Festival de Sevilla. Citas entre as que non estará o OUFF, festival defenestrado pola... Ler máis

SAN SEBASTIÁN 2017 (III): PERLAS, HORIZONTES LATINOS, NOVOS DIRECTORES E OUTROS

Perlas Atendendo á tradición recente, Perlas dispónse como a sección máis complacente de San Sebastián. Cos seus títulos, escollidos entre os máis aclamados previamente en Cannes, Berlín ou Venecia e habitualmente asinados por grandes nomes, o festival trata de aportar cada ano un plus de prestixio á selección. Porén, en contrapartida ao xa mencionado auxe de Zabaltegi-Tabakalera, a dinámica deste ano deviu máis inesperada que outras citas. Quizais como consecuencia... Ler máis

Temos que falar de Uwe

O director alemán Uwe Boll é probabelmente un dos directores cun maior número de haters a nivel internacional, entroutros mesteres porque ten a dubidosa honra de ser o realizador que máis adaptacións cinematográficas de videoxogos realizou (un total de 12 até a data), todas elas cunha calidade máis que dubidosa. Obxecto das iras dos fans dos videoxogos, protagonista de durísimas críticas da prensa especializada e gañador do Razzie 2009 á peor carreira por ‘ser... Ler máis

TRAUMATISMO CINEMATOGRÁFICO

Todos estamos traumatizados, dun xeito ou doutro, con máis ou menos motivos. Todos sufrimos algunha desgraza, desgusto ou mala experiencia que nos deixou unha fonda pegada. No mellor dos casos, o trauma fica gardado no noso inconsciente como unha mala lembranza, como unha peza máis da nosa identidade; mais no peor, o trauma emerxe unha e outra vez, fóra de control e de contexto, até converternos nalguén que, como dicían na miña aldea, ‘está mal dos nervios’.... Ler máis

CINEMA E DOENZA MENTAL

O cinema abordou en moitas ocasións o tema da doenza mental. Pensemos, por exemplo, en Spellbound (Alfred Hitchcock, 1945) ou Marnie (Alfred Hitchcock, 1964), onde hai un doente e unha concepción da psicanálise un pouco inxenua: a lembranza do trauma propiciará a curación (concepto abandonado por Freud nos inicios da súa elaboración, ao observar que o saber non curaba) sempre que, claro está, concorra o amor. Podemos pensar así mesmo en Woody Allen, que fixo da súa... Ler máis