La Gomera, de Corneliu Porumboiu

A nova película de Corneliu Porumboiu foi unha das, múltiples, afectadas pola crise da COVID-19. Ante un panorama de estreas que se tivo que reinventar e recalcular no 2020, este 2021 tráenos o filme La Gomera (2019), a incursión no cinema negro dun dos referentes do Novo Cinema Romanés. Unha aposta forte para recuperar as salas de cinema e a tradición de mergullarnos nas historias da grande pantalla branca. Nesta ocasión, Porumboiu abandona ese retrato social tan presente... Ler máis

FIRST LOVE, de Takashi Miike

NIHILISTA E AGUDAMENTE LIXEIRO MIIKE “O ser humano é unha comedia, (…) dáo todo por encaixar, ata o punto que parece ridículo”. Son palabras de Takashi Miike en reflexión sobre a súa obra na campaña de promoción do seu último filme de estrea en España, First Love (初恋, 2019), e, debemos dicir que, por unha vez, último filme en xeral. Non sabemos se é a idade ou a COVID-19, mais o nipón non sacou película en 2020, e tampouco ningunha máis o ano pasado.... Ler máis

THE IRISHMAN, de Martin Scorsese

A mesma historia échevos ben distinta asegún dende onde se conte, dende a intensidade do inmediato ou dende a distancia que dá o tempo. Algúns relatos retrospectivos, por exemplo, son capaces de manter o pulso do presente malia que teñan pasado décadas dos acontecementos aos que se refiren, como Goodfellas (Martin Scorsese, 1990), Casino (Martin Scorsese, 1995) ou The Wolf of Wall Street (Martin Scorsese, 2013); tres filmes eufóricos que reconstrúen con esmero e detalle,... Ler máis

ENTREVISTA A NA HONG-JIN (‘THE YELLOW SEA’)

Recordade que podedes consultar a crítica da película, publicada no anterior número da revista.  Read More