FOUND FOOTAGE MAGAZINE E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN PACK DE REVISTAS

Found Footage Magazine e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores un pack cos dous últimos números da senlleira publicación cinéfila. O pack, xa dispoñible a través da súa web, inclúe os números #4 e #5, con contidos como un especial sobre o cinema de Peter Tscherkassky, textos asinados por críticos do talle de Jonathan Rosenbaum, Malcolm Le Grice ou Stephen Broomer, ou ilustracións de artistas como Michael Fleming, María Cañas ou... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (III)

Bill Brand xunto a Ángel Rueda na (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Vén de aquí) Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. A serie de Cartoons está chea de “enigmas e bromas sobre os conceptos do cinema experimental”, nas súas palabras. En Before the Fact  [1974] Saul Levine e unha muller repiten unha frase gravada falada por Levine unha e outra vez até que perde o significado. Unhas voces fóra de campo dan instrucións. De quen... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (II)

Bill Brand xunto con Elena Duque no (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Viene de aquí) Puedes leer el texto en su versión original aquí. Tamén ten feito instalacións. As instalacións foron parte da miña práctica desde moi cedo. En 1971 fixen unha peza chamada Pong Ping Pong na que construín unha máquina demente que fai rotar un espello e proxecta unha imaxe 360º arredor dunha serie de pantallas en círculo formando unha especie de crómlech.... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (I)

Fotografía: María Meseguer Podes ler a entrevista na súa versión orixinal aquí As películas de Bill Brand oscilan entre a abstracción e a figuración e son un tratado sobre a política da visión e sobre como o público se enfronta á lectura das imaxes. As súas primeiras obras analíticas (estruturais) como Moment (1972), Demolition of a Wall (1973) ou Touch Tone Phone Film (1973) interpretaban o fotograma como a unidade temporal máis breve (como “momento”). Pero... Ler máis

MALCOLM LE GRICE: PROMOVER UNHA NOVA CULTURA E INFILTRARSE NAS INSTITUCIÓNS

Fotografía: María Meseguer Podes ler este artigo na súa versión orixinal en inglés. Preludio En maio de 2016 atopábame en Londres, no BFI, para asistir a unha sesión especial de Malcolm Le Grice. Un acontecemento tan raro que me levou a pensar que podería ser a miña primeira e última oportunidade de ver a Le Grice en directo interpretando a súa icónica Horror Film 1 (1971). O programa nocturno tamén incluía Threshold (1972) e After Leonardo (1973), da cal podedes... Ler máis

O MAPA E O TERRITORIO

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Alberte Pagán impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. O meu primeiro encontro co cinema experimental aconteceu, de casualidade, na London Filmmakers’ Co-op a principios dos anos 90. E digo de casualidade porque acudín alí da man da literatura: mirando a programación cultural da cidade atopara un anuncio dunha sesión de cinema na que se incluía... Ler máis

SHOOT SHOOT SHOOT SHOW SHOW SHOW

Unha das liñas de programación máis consolidadas do festival de Sevilla, fóra das súas competicións, son os focos a cine de vangarda que levan organizando no último lustro. Ciclos a artistas como Gunvor Nelson ou Peter Tscherkassky altérnanse con outros dedicados a grupos ou épocas, coma o caso deste 2017, no que o SEFF organizou ‘Shoot Shoot Shoot. A primeira década da London Film-Makers’ Co-operative 1966-1976′. O título sae do volume editado por... Ler máis

LARRY GOTTHEIM: MATEMÁTICA POESÍA

Sempre fun da idea de que os mellores poetas son aqueles que teñen un dominio perfecto da rima e a estrutura rítmica das estrofas. Ao igual que cos bos arquitectos, hai nos planos das palabras unha sorte de planificación milimétrica que achega a arte á ciencia. Esta matemática da estética é a que caracteriza tamén a un grande poeta da imaxe, absolutamente descoñecido en España: Larry Gottheim. Non sen razón o teñen asociado á segunda xeración de cineastas estruturalistas... Ler máis