O LUGAR DA MÚSICA

A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis

2013. AXUSTES DE CONTAS CO PASADO

A teoría di que tódolos filmes falan, dun xeito ou doutro, do tempo no que foron filmados, mesmo se a súa trama acontece en calqueroutro período histórico. Esta consigna atravesa boa parte da colleita cinematográfica de 2013, o sexto ano de crise e depresión, un ano no que o cinema segue sen abordar de fronte este proceso malia ser moito máis consciente das pantasmas do pasado. O pasado como territorio histórico Os únicos dous filmes da nosa listaxe que semellan ter... Ler máis