FILMADRID 2018: MENTRES HAXA LUZ (I)
1. Prólogo Seguir de preto a curta historia dun festival, máis cando os seus primeiros pasos van paralelos no tempo ao crecemento dun mesmo como cinéfilo, permite sacar conclusións globais raramente factibles en calquera outra circunstancia. No caso de Filmadrid, se nos paramos a lembrar o espírito co que naceu nunha noite de xuño de 2015, a súa evolución ata o momento actual só pode adxectivarse cun inusual entusiasmo. Con idéntica mirada retrospectiva, podería afirmarse... Ler máis
VICTORIA, de Justine Triet
En Le bataille de Solférino (2013), ópera prima da francesa Justine Triet, o exercicio profesional dunha reporteira televisiva de clase media (Laetitia Dosch) solapábase coa necesidade de atender ás súas dúas fillas e confrontar ao seu antigo marido. Baixo un esquema de comedia caótica, chamada tamén a testemuñar o ambiente nas rúas parisinas durante a segunda volta das eleccións presidenciais de 2012, nas que François Hollande resultou vencedor, Triet conseguía poñer... Ler máis
TONI ERDMANN, de Maren Ade
Na primeira secuencia de Alle anderen (Maren Ade, 2009), a trintaneira Gitti tentaba mellorar a súa relación cunha nena pequena dun xeito pouco usual: logo de instala a exteriorizar o seu suposto odio, e tras recibir un disparo ficticio, deixábase caer na piscina para culminar unha sobreactuada catarse. Aquel estraño inicio, preludio dunha obra irregular que diseccionaba os roles dunha parella en crise forxaba un estilo propio en medio da invocación rosselliniana,... Ler máis
O MELLOR DE 2016
1. Carol (Todd Haynes, Reino Unido / EUA / Australia, 2015) – 70 puntos / 9 votos 2. O Ornitólogo (João Pedro Rodrigues, Portugal / Francia / Brasil, 2016) – 50/8 3. La mort de Louis XIV (Albert Serra, Portugal / Francia / España, 2016) – 42/6 4. Paterson (Jim Jarmusch, EUA / Alemaña / Francia, 2016) – 31/4 5. Toni Erdmann (Maren Ade, Alemaña, 2016) – 29/4 6. Arrival (Denis Villeneuve, EUA , 2016) – 28/3 7. 山河故人 (Mountains May... Ler máis
CANNES 2016: GRIS PALMARÉS DUNHA ERA XURÁSICA
A última xornada do festival de Cannes estivo marcada pola recuperación dos filmes de sección oficial en varias salas do Palais, e dende logo, pola gala de clausura na que se deu a coñecer o palmarés. Antes de entrar nel, repetir iso de que a elección dos galardoados é sempre a decisión persoal dunhas poucas persoas, e non ter por que coincidir coas tendencias que se intúan nas críticas lidas e escoitadas estes días pasados da man dos profesionais que asistimos a este... Ler máis
CANNES DÍA 4: PARK CHAN-WOOK E MAREN ADE DIVIDEN
Cuarta xornada en Cannes e os ánimos non podían estar tan divididos. As dúas últimas películas da sección oficial, The Handmaiden (Park Chan-wook, 2016) e Toni Erdmann (Maren Ade, 2016) están a fomentar nos pasillos do Palais un intenso debate. Para nós, a única que lles fai sombra é a de Cristi Puiu, e aventurámonos a afirmar que estas tres van levar algo, se non é a Palma. Aínda queda moito festival, pero logo dunha primeira morna xornada, o nivel está tan elevado... Ler máis
CANNES 2016: EN BUSCA DA SORPRESA ENTRE COÑECIDOS
Non é que o festival de Cannes se caracterizase nos últimos anos, polo menos na súa sección oficial, polo descubrimento de novos nomes, de grandes autores que estean a redefinir a linguaxe cinematográfica. Os irmáns Dardenne, Ken Loach ou Pedro Almodóvar desta edición podiamos atopalos hai xa un par de décadas, e seguirán a estar ata que deixen de facer cinema. Asistir ao anuncio da sección oficial cada ano supón o comentario dunha crónica anunciada. Unha que, na... Ler máis
REDEMPTION, de Miguel Gomes
Segunda oportunidade “Precísase paciencia para escoitar unha historia. Se non, só pagaría a pena contar o principio e o final”. Este razoamento dun dos protagonistas de A Cara que Mereces (2004), primeiro filme de Miguel Gomes, demostrou ser unha clave fundamental para entender as preocupacións narrativas do director portugués ao longo da súa filmografía. Con tres longametraxes rematadas e media ducia de curtas, Gomes especializouse en relatos con desenvolvementos... Ler máis