Punto de Vista 2024: Lazos que unen

Retrato de Mondongo, Mariano Llinás O título desta crónica parécenos máis obvio e inevitable que nunca. Lazos que unen non era só o nome do foco dedicado á brillante cineasta estadounidense Su Friedrich –tomado á súa vez dunha das súas obras máis emblemáticas e conmovedoras, The Ties That Bind (1985)–, senón tamén unha boa síntese dos motivos que nos devolven, e xa van uns cantos anos, a Pamplona no mes de marzo. Do 11 ao 16, fiel á súa filosofía de elaborar... Ler máis

LA FLOR, de Mariano Llinás

La flor é unha película que dura 868 minutos. 600 minutos son dez horas, así que quedan 268 minutos, que son 4 horas e 38 minutos, e entón en total son 14 horas e 38 minutos. Fago a conta porque estou acostumado a calcular canto son 120 ou mesmo 150 minutos pero de aí para arriba xa me perdo. E fágoa porque é inevitable dicir canto dura antes de falar de calquera outra cousa sobre a película de Mariano Llinás, non só porque sexa un titular sinxelo (“O festival X proxecta... Ler máis

Matías Piñeiro: “A MULLER É A CAPITÁ DO MELODRAMA”

Debido á longa extensión da entrevista, e co obxectivo de preservala íntegra, decidiuse publicala en dúas partes. A primeira pode consultarse aquí. Esta acababa establecendo unha relación entre os personaxes femininos de Piñeiro con figuras históricas próximas a Sarmiento. O tema recupérase nesta segunda parte da conversación. As intrigas históricas son persoais. Si, e ademais, se les a Sarmiento, é un ego brutal. Decátaste de que é todo sobre el. Iluminar os seus... Ler máis

MATÍAS PIÑEIRO: “GÚSTAME MODELAR O PLANO NA RODAXE, QUE SE ADAPTE ÁS CIRCUNTANCIAS”

Debido á longa extensión da entrevista, que preferimos preservar íntegra, esta publicarase en dúas partes, sendo esta a primeira. A segunda parte pódese ler aquí.   Matías Piñeiro (Bos Aires, 1982) é un dos representantes máis novos e destacables do último Novo Cinema Arxentino. O CGAI dedicoulle recentemente unha retrospectiva que permitiu coñecer ao público galego a súa filmografía. Empecemos falando das túas marcas autorais desde os teus primeiros traballos... Ler máis