Hamada, de Eloy Domínguez Serén

Falar do cinema de Eloy Domínguez Serén é falar dun cinema de diásporas. O seu anterior filme, Ingen Ko Pa Isen (2015) exploraba a experiencia migratoria e a aprendizaxe dunha lingua en primeira persoa. Antes, tamén se achegaba a estes outros lugares e as estas persoas desprazadas dunha ou outra forma. Jet Lag (2014) non é outra cousa que un thriller que nace da intención de documentar ese espazo misterioso e rutineiro que é a noite para un empregado dunha gasolineira. En... Ler máis

SEFF 2016: VIAXES EN FAMILIA

Apañar un avión, chegar a outra cidade, e encontrar cousas e persoas que están alén do noso cotián. Para iso viaxamos, para saír de nós mesmos e para encontrarnos a nós mesmos. Viaxamos cando imos a un festival de cinema, e viaxamos tamén cada vez que entramos nunha sala de cinema. Viaxamos para seguir en movemento, para sentir o movemento. Se cadra por iso hai determinadas imaxes que nos fascinan. Imaxes que nos levan alén do seu relato, da súa lectura literal, como... Ler máis