(S8) Mostra de Cinema Periférico 2023: Estrañamentos da mirada
Transitions, de Barbara Sternberg (1982) A (S8) Mostra de Cinema Periférico celebrou este ano a súa décimo cuarta edición, convidándonos unha vez máis a afastarnos do centro cara ás marxes do cinema. Alí, o xesto cinematográfico dáse case en soidade, á marxe de grandes estruturas, e cobra por iso unha liberdade maior. A periferia devén espazo de xogo, rexistro, experimentación, cunha gran variedade de propostas que, desde ópticas moi distintas, empuxan cara a un... Ler máis
La mala familia, de Nacho Villar e Luis Rojo
A falsa sensación de liberdade de decisión Todos somos fillos de alguén. Todos tivemos nalgún momento un familiar que mirou por nós, e probablemente outro que só quixo afundirnos. Non escollemos quen leva o noso sangue, o único que podemos facer é tratar de asumir a nosa árbore xenealóxica o mellor posible. O que si podemos escoller son as nosas amizades, a familia que non é de sangue, pero si de corazón. Somos animais sociais, e a xente coa que decidimos pasar o... Ler máis
A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO
O cinema galego é un concepto fuxidío, escorregadizo, múltiple e ambiguo. Sempre hai debates para definilo, e mesmo pelexas: dunha banda, hai quen considera que os únicos filmes que poden considerase galegos son aqueles filmados en Galiza e en galego, por cineastas do país, e financiados con capital autóctono; mentres que doutra banda hai quen chama galego a calquera filme rodado por un cineasta local dentro ou fóra de Galiza, ou por cineastas de calquera procedencia que... Ler máis