QT: MASH-UP MASTER

Como convida a facer Iván Villarmea no artigo que abre esta Panorámica, sería preciso reflexionar sobre a intencionalidade e relevancia dos chamados samplers visuais. Se decidín usar o termo mash-up para referirme a Quentin Tarantino, é porque penso que o nivel de referencias en cada plano no autor de Death Proof (2007) vai alén das imaxes, para entrar ademais na montaxe sonora como elemento de crítica cinematográfica. Unha vertente cada vez máis palpable, autoconsciente... Ler máis

O PASADO: O ETERNO RETORNO DO MESMO

Reescrituras e apropiacións A cuestión das filiacións no cinema contemporáneo aparece como un problema fundamental, centro de tódolos debates. Moitos cineastas procuran os seus modelos de referencia en figuras do pasado tentando reactualizalas ou reescribíndoas: Olivier Assayas tentábao co serial Les Vampires (Louis Feuillade, 1915) en Irma Vep (Olivier Assayas, 1996), o xaponés Nobuhiro Suwa facía o propio con Hiroshima mon amour (Alain Resnais, 1959) en H Story (Nobuhiro... Ler máis