Cinco lobitos, de Alauda Ruiz de Azúa
Existe unha certa tendencia no cinema español que está aceptando, con fermosa naturalidade, que a ficción máis tradicional é tamén un espazo cómodo para as autoras de cinema (enténdase autora no sentido máis estrito da política que os Cahiers inventaron no século pasado). Unha ficción que comprende que non son necesarias as grandilocuencias e que ás veces o risco consiste en calibrar as cantidades xustas e necesarias para combinar o independente e novidoso co mainstream... Ler máis
EMA, de Pablo Larraín
Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema (Mariana Di Girolamo) e Gastón (Gael García Bernal). A parella de bailarina e coreógrafo que forman... Ler máis
ATRAVESADAS POLO CINEMA
Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) A muller é un cristal atravesado por unha patria. (Lupe Gómez) Era o ano 1989 e disque nacía o cinema galego. Botando man do arquivo encontramos escenas deste parto en diferido: as Xornadas Cinegalicia 1989, celebradas no cine Fraga de Vigo. Nas imaxes, directores, produtores, actores e actrices enchen a sala. Urxa, Continental e Sempre Xonxa están a piques de colocar Galiza na constelación cinematográfica da época. Tres filmes como tres... Ler máis
MÁRGENES 2019: EL PRESENTE. NARRACIÓN E VANGARDA
“Cinco cineastas, nacidos a ambos os dous lados do Atlántico, cuxos debuts ou consagracións autorais estreáronse este ano nos festivais internacionais de maior renome, representan o presente e o futuro dese cinema activista, pelexado nas marxes, que impulsou e abandeirou este certame durante nove edicións”. Así presenta o catálogo da novena edición do festival Márgenes a sección El Presente, dedicada ao cinema iberoamericano. A selección incluíu títulos de Brasil,... Ler máis
13ª MOSTRA INTERNACIONAL DE CINEMA ETNOGRÁFICO: AIRES NOVOS
Fotografía: Denís Estévez Nesta edición a MICE (Mostra Internacional de Cine Etnográfico) volve traer á cidade compostelana as miradas que atravesan o globo cheas de incertezas, demandas, reflexións -mundanas e espirituais-, recordos… As películas presentadas este ano traen novidades tanto a nivel nacional como nas salas galegas, cumprindo de forma notoria coa súa calidade de espazo de exhibición. A Sección Oficial do MICE achegaba doce películas de tres continentes... Ler máis
MATER AMATÍSIMA OU AS MODERNAS MEDEAS
Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico Nunha sorte de conmemoración dos seus 20 anos de carreira como cineasta nos que deu a luz outros tantos proxectos audiovisuais, María Ruido tráenos unha reflexión sobre a maternidade. Unha reflexión feminista que pon sobre a mesa a figura da mala nai, desa nai que se permite non querer ser nai e desa nai que se arrepinte delo, e como esta aceptación da maternidade fóra dos... Ler máis
Procesos #28 – Xisela Franco
Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado 35.ESAV que, desafortunadamente, está actualmente nun impasse. Aproveitando a súa videoexposición... Ler máis
LADY BIRD, de Greta Gerwig
Para unha peli indie, verse catapultada á tempada de premios é unha arma de dobre gume. Dunha banda, entra noutra liga e consegue máis atención da que xamais obtería por méritos propios, garantindo mesmo unha carreira comercial internacional. Doutra banda, corre o risco de verse reducida a unha narrativa promocional, encorsetada no oco que ocupa entre as restante candidatas, valorada só como contendente e non como entidade. Especialmente perigosa é esta dinámica para... Ler máis
VICTORIA, de Justine Triet
En Le bataille de Solférino (2013), ópera prima da francesa Justine Triet, o exercicio profesional dunha reporteira televisiva de clase media (Laetitia Dosch) solapábase coa necesidade de atender ás súas dúas fillas e confrontar ao seu antigo marido. Baixo un esquema de comedia caótica, chamada tamén a testemuñar o ambiente nas rúas parisinas durante a segunda volta das eleccións presidenciais de 2012, nas que François Hollande resultou vencedor, Triet conseguía poñer... Ler máis