Play-Doc 2022: Cinema galego
Tatuado nos ollos levamos o pouso (Diana Toucedo, 2022) Un ano máis, o Play-Doc deu conta da diversidade do cinema galego de non ficción con propostas que ían dos retratos canónicos con entrevistas ao cinema observacional, da contemplación pictórica ao uso de actores en contextos reais, ou que chegaban mesmo á utilización de drons con obxectivos narrativos e de documentación da realidade moi específicos, lonxe da dinámica de gadget que habitualmente se aplica a este... Ler máis
FICX 2021: Novo mundo
Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade— moitos dos títulos da programación tomaron como tarefa lembrarnos que o mundo xa non é o que acostumaba.... Ler máis
NOVOS CINEMAS 03: SECCIÓN OFICIAL
Recolle Jonás Trueba unha frase de Mekas na que o director lituano recordaba que “o mal e a fealdade cóidanse sós; son o ben e a beleza os que precisan dos nosos coidados”. Sen dúbida esa debe ser a función dos festivais e a crítica de verdadeiro valor, protexer e servir de altofalante daquelas xemas que se escapan cada ano do noso limitado radar individual. Unha necesidade crucial en tempos de consumo rápido e múltiples propostas, que pon de manifesto o valor dos... Ler máis
NOVOS CINEMAS, NOVOS VERÁNS
Conscientemente, ou non, entre os filmes seleccionados nas diferentes seccións do festival Novos Cinemas, aparece o verán coma un tema, ou un escenario, recurrente. Ao longo de varias cintas o verán érguese coma esa suspensión do tempo na que a vida reduce a súa velocidade e permítenos observar todo con máis calma. Tamén un momento no que os días alónganse e parecen separarse do tempo mesmo, provocando a ilusión do nacemento dunha especie de liña temporal alternativa... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2017: LITERATURA E REPETICIÓN
Hermia&Helena (Matías Piñeiro, 2016) Ao longo da historia do cinema, William Shakespeare ten dado adaptacións tan dispares como as clásicas de Kenneth Branagh, os moitos Romeos e Xulietas ou os traballos recentes de Joss Whedon (Much Ado About Nothing, 2012) ou Justin Kurzel (Macbeth, 2015). Textos, diálogos, repetidos que nunca chegan a ser os mesmos; cada versión leva o selo do seu director, acertado ou non, tratando de traducir as palabras do ‘bardo inmortal’... Ler máis
LAS PALMAS 2017: REFERENTES CINEMATOGRÁFICOS OU IMITACIÓNS QUE FACER
A decimosétima edición do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria vén a afianzar, un ano máis, a vitalidade dunha cita que reune ao mellor cinema nesta illa atlántica. Entre os directores escollidos aparecen nomes coma Alex Ross Perry, dentro da Sección Oficial, ou David Sainz, dentro do Cinema Canario. Pero, como comentaban nun intre antes dunha proxección, pouco importa quen está seleccionado cando teñen que compartir festival cun xenio coma Aki... Ler máis
JEONJU, DE COREA PARA O MUNDO
Esta é a primeira de tres crónicas sobre a pasada edición do festival de Jeonju. Decidimos centrarnos na ampla representación do cinema surcoreano que todos os anos se estrea alí, pois as películas internacionais adoitan chegar ao certame doutros europeos, e moitas delas xa foron comentadas na revista. Non obstante, este primeiro texto é unha aproximación ás máis relevantes, e nel destacamos ademais un descubrimento asiático: Karaoke Girl. O Festival Internacional... Ler máis
Matías Piñeiro: “A MULLER É A CAPITÁ DO MELODRAMA”
Debido á longa extensión da entrevista, e co obxectivo de preservala íntegra, decidiuse publicala en dúas partes. A primeira pode consultarse aquí. Esta acababa establecendo unha relación entre os personaxes femininos de Piñeiro con figuras históricas próximas a Sarmiento. O tema recupérase nesta segunda parte da conversación. As intrigas históricas son persoais. Si, e ademais, se les a Sarmiento, é un ego brutal. Decátaste de que é todo sobre el. Iluminar os seus... Ler máis
MATÍAS PIÑEIRO: “GÚSTAME MODELAR O PLANO NA RODAXE, QUE SE ADAPTE ÁS CIRCUNTANCIAS”
Debido á longa extensión da entrevista, que preferimos preservar íntegra, esta publicarase en dúas partes, sendo esta a primeira. A segunda parte pódese ler aquí. Matías Piñeiro (Bos Aires, 1982) é un dos representantes máis novos e destacables do último Novo Cinema Arxentino. O CGAI dedicoulle recentemente unha retrospectiva que permitiu coñecer ao público galego a súa filmografía. Empecemos falando das túas marcas autorais desde os teus primeiros traballos... Ler máis