BERLINALE 2019: SECCIÓN OFICIAL
Synonyms (Nadav Lapid) © Guy Ferrandis A última edición do Festival Internacional de Cine de Berlín (7-17 de febreiro) foi especialmente prolífica no que se refire a titulares e polémicas arredor da súa programación. Despois de 18 anos como director artístico da Berlinale, o xermano Dieter Kosslick despedíase do festival cunha 69ª edición que prometía moito máis do que acabou ofrecendo, especialmente cando falamos dun dos maiores escaparates de cinema a nivel global.... Ler máis
CANNES 2018 EP. 9: LEE CHANG-DONG ADAPTA CON SUTILEZA E XENIO A HARUKI MURAKAMI
Queixabámonos dun inicio frouxo hai unha semana, mais o certo é que esa tónica foi a excepción en Cannes. A un par de días da clausura, día tras día, o festival está a ofrecernos filmes destacables. É o caso de Burning (Lee Chang-dong, 2018), no que o surcoreano adapta un relato de Haruki Murakami para, gardando intacto o ton misterioso e máxico do escritor nipón, levalo ao seu terreo cunha narrativa sutil e un xenio poético que coloca a Burning no máis alto dunha... Ler máis
SEFF 2012: SOÑO E VIXILIA
Dicía o outro día Wenders na gala dos premios EFA que o cinema é a solución á crise. Pois ben, a última edición do Festival Internacional de Cine Europeo de Sevilla, comandada por José Luis Cienfuegos –quen fora durante 16 anos director do Festival de Xixón ata o torpe poutada da agrupación política de Álvarez Cascos a principios de 2012– serviu para tomarlle o pulso á produción europea do ano, creando un mosaico de obras que reflicten o sentir actual fronte... Ler máis
CESARE DEVE MORIRE, de Paolo e Vittorio Taviani
A FORMA DEVORADA POLA FÓRMULA Os presos da cadea de Rebibbia son tan bos actores que ben merecen este filme. Un deles, Salvatore Striano, o intérprete de Bruto nesta versión carcelaria de Xulio César, láiase nunha escena dos seus atrancos cun parlamento: “se presento mal esta liña, terei problemas”, reflexiona. “Entendo o que Shakespeare trata de dicir, mais como llo podo transmitir ao público?”. A súa preocupación revela unha das claves de Cesare deve morire,... Ler máis