Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos
Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É esta unha crónica parcial, de visita breve, na que con todo atopamos unha concentración de xoias... Ler máis
Márgenes 2021: Diarios dun posible percorrido
Diarios de Otsoga (Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes, 2021) Asumir que, por moi apetecibles que parezan, por moi ben que ulan, os marmelos tamén acabarán apodrecendo esquecidos é unha das leccións vitais que levo deste Márgenes 2021. Unha lección que, entre outras, están agochadas dentro da fermosura que son os Diarios de Otsoga (2021) escritos a dúas mans entre Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes. Uns diarios que, como todos, non buscan recoller de forma metódica todo... Ler máis
CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN
Se tivésemos que sintetizar a diferencia entre as seccións Radar e Explora do festival Curtocircuíto, seguramente o xeito máis sinxelo de facelo sería falar de figurativo e abstracto. Sen entrar en grandes detalles, dende logo este ano non nos equivocaríamos. E, con todo, sendo as formas dalgunhas películas tan dispares, queda un coa sensación de que o fondo comparte moitas similitudes. Xa dixemos que en Radar existía na selección deste ano unha vontade de resistencia... Ler máis
PLAY-DOC 2015: O ANO DO CELULOIDE DOMÉSTICO
Hai uns meses fixen un curso práctico de Super 8, máis pola nostalxia que pola súa utilidade práctica, malia que considero que o formato aínda dá moito xogo. Na miña casa nunca tivemos cámara, e sempre ollei con envexa os filmes caseiros dos demais, fascinada polas imaxes, o son do proxector e a experiencia mesma do visionado. De feito, os que me rodean non entendían moi ben a que viña isto de facer un obradoiro de Super 8 agora, que o HD está o alcance de tod@s, e... Ler máis
PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS
Dúas tendencias aparecen na última edición do Festival Play-Doc como síntomas dun escenario cambiante. Onde o ano pasado atopábamos filmes marcados por un forte compoñente contemplativo –Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Manakamana (Stephanie Spray & Pacho Vélez, 2013) ou mesmo Szapito (Bodgan Dziworski, 1984)– nesta edición xorden pola contra dúas tendencias diferentes como constantes: a voz como unidade espacial e o derrube sistemático da cuarta parede.... Ler máis