Berlinale 2023 (V): Lois Patiño reinventa o cinema
Samsara, de Lois Patiño Ler máis Read More
O QUE ARDE, de Oliver Laxe
As magnas imaxes dun bosque sendo arrasado, revestidas de tanta épica coma dor, irrompen na pantalla. Pouco despois, un expediente penal pasa de man en man nun xulgado. “Este é o pirómano?”, coméntase sen que cheguemos a ver un só rostro, antes de descubrir a mirada aflixida de quen supoñemos é ese individuo. En oito minutos de cine memorable a ritmo de Vivaldi -ese Cum dederit reaparecerá máis adiante noutro momento crave- ata que Amador chega ao pobo, punto de... Ler máis
Longa noite, de Eloy Enciso Cachafeiro
En Arraianos (2012), a segunda longa de Eloy Enciso tralo documental Pic-nic (2008), o autor sorprendeu ao poñer en boca dos seus intérpretes non profesionais –habitantes da aldea fronteiriza de A Raia– o texto literal da obra de Jenaro Marinhas del Valle, O bosque. Dita operación, en boa parte herdeira do traballo fílmico sobre bases literarias de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, non só apuntaba cara a reivindicación dos usos e modos propios daquel lugar concreto,... Ler máis
Eloy Enciso: “A forma de traballar segue iso que din straub e huillet, facer a revolución é volver pór no presente cousas moi antigas pero esquecidas”
Eloy Enciso presenta a súa terceira longametraxe nuns días a competición en Locarno. Longa noite (2019) supón unha depuración formal da indagación que xa existía en Arraianos (2012), con elementos como a palabra utilizada como materia prima, atendendo á musicalidade do verbo con actores non profesionais, ou o uso de referencias literarias para os diálogos, que neste caso son de múltiple procedencia e se mesturan para crear un relato aparentemente sinxelo, mais de profundas... Ler máis
PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL
Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o resto dos nosos sentidos. Por iso, a idea de organizar a terceira edición do Porto/Post/Doc arredor... Ler máis
RESEÑA DE ‘IMÁGENES RESISTENTES. TEMÁTICAS, NARRATIVAS Y ESTÉTICAS DEL OTRO CINE ESPAÑOL’
O Festival de Cinema Europeo de Sevilla é, posiblemente, o mellor lugar hoxe en día para estrear un filme independente dalgunha das cinematografías nacionais dentro do territorio español. Con Málaga e Donostia ollando cara un cinema de autor máis industrial, ou cando menos de orzamentos folgados, todos aqueles títulos que se sitúan na periferia do mercado contan na cidade andaluza cun excelente escaparate que achega prestixio ás súas propostas. Para afirmar con tanta... Ler máis
NOVOS CINEMAS 2016: DA AUTOINDULXENCIA (DOS PERSONAXES) Á AUTOESIXENCIA (DOS PROGRAMADORES)
A primeira edición dun festival é, nestes tempos de retalladas austeritarias, un acto de afouteza, e máis aínda se ese festival se constrúe a partir dun concepto forte e significativo, como acontece con Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. A idea dos seus programadores, Suso Novás e Ángel Santos, é tan sinxela como efectiva: crear un festival dedicado a aqueles cineastas que só teñen unha ou dúas longametraxes na súa traxectoria, dándolle... Ler máis
“A SENSACIÓN DE ESTAR ALÍ” COA “CÁMARA QUE VAI A TODAS PARTES”
Festival Internacional de Cine de Las Palmas 2016 from A Cuarta Parede on Vimeo. A luz, as nubes, o vento, a cidade, o mar. Las Palmas de Gran Canaria coa súa extraordinaria beleza acolleu do 4 ao 13 de Marzo o 16º Festival Internacional de Cine. As musas do arte, o cine, a música, o teatro, a poesía, reunidas nun mundo gobernado por cousas para celebrar, pese a todo, a vida. E por un instante o cinema morto, o das cousas, vese eclipsado por un cinema de vida, o de esas cinematografías... Ler máis
LAS PALMAS 2016
“Apostamos por la cultura” Así dicía o logo da televisión autonómica que aparecía antes da proxección das curtametraxes canarias a concurso. Alguén berra, risas na sala, burlas. A nova e prometedora xeración de cineastas canarios amosou as súas obras durante o primeiro fin de semana do festival. Dividido en dúas seccións, longa e curtametraxes, o foco canario permitiu que nos achegáramos ás pezas dos cineastas locais, un amplo abanico de obras moi ricas e interesantes... Ler máis
FICX 2015: UN MODELO CONSOLIDADO
José Sacristán na gala de inauguración. Cando a equipa de Nacho Carballo se fixo coa dirección do FICX hai catro anos, a súa entrada estivo chea de polémica pola sonora saída do anterior director, José Luis Cienfuegos, moi querido pola cinefilia en España e cun público fiel na cidade. Non axudou nada que esa 50 edición de 2012 se mostrase errática e cunha selección pobre. Mais xa pasou unha lexislatura, e pouco se lle poderá reprochar a un festival que soubo traer... Ler máis