O MAPA E O TERRITORIO

Fotografía: María Meseguer Este texto é o resumo da clase que Alberte Pagán impartiu no I Seminario de Crítica Experimental. Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. O meu primeiro encontro co cinema experimental aconteceu, de casualidade, na London Filmmakers’ Co-op a principios dos anos 90. E digo de casualidade porque acudín alí da man da literatura: mirando a programación cultural da cidade atopara un anuncio dunha sesión de cinema na que se incluía... Ler máis

Procesos #28 – Xisela Franco

Xisela Franco (Vigo, 1978) é un dos referentes do cinema galego máis experimental. As súas obras, que combinan técnicas do cinema observacional máis puro ata a proxección sobre espazos ou corpos reais, teñen xirado por todo o mundo. Porén, Xisela é unha artista interdisciplinar que combina o cinema coas actividades docentes, entre as que destaca o proxecto de Mestrado 35.ESAV que, desafortunadamente, está actualmente nun impasse. Aproveitando a súa videoexposición... Ler máis

PORTO/POST/DOC 2016: UN FESTIVAL SENSORIAL

Un festival de cinema é unha experiencia intensa, de moitas horas na sala e poucas na cama. Alén de provocar algunha que outra cabezada involuntaria, a falta de sono tamén axuda a potenciar toda caste de sensacións, dentro e fóra da sala. No mellor dos casos, volvémonos hipersensíbeis, percibimos cousas que antes non percibiamos: o cinema educa o noso ollar e estimula o resto dos nosos sentidos. Por iso, a idea de organizar a terceira edición do Porto/Post/Doc arredor... Ler máis

ENSAYO FINAL PARA UTOPÍA de Andrés Duque

POR MÁIS QUE PASE O TEMPO, A ALMA NON CAMBIA A vida dos mortos está na memoria dos vivos. Cicerón . Ultimamente, cada vez que vexo unha película de Andrés Duque invádeme a tentación de carga-lo meu zurrón cun bloc de notas, un caderno de debuxo e calquera tipo de cámara, e, emulando ao avó de Jonasson, saltar pola fiestra e liscar. “Pais, non me agardedes espertos, vou onde me leve o vento”, escúsome mentres saqueo a neveira. Voar, voar, voar! O cinema de Andrés... Ler máis

O CINEMA DAS ATOCHAS

PROPOSTA PARA UN CICLO VIRTUAL · Dende 2008, e ata o pasado verán, A Coruña contou cun proxecto sociocultural que funcionou con total independencia das institucións da localidade herculina. A ‘okupada’ Casa das Atochas naceu con espírito confrontador, para provocar a reflexión sobre os modelos de propiedade da sociedade española, e a aceptación dun sistema que privilexia a vivenda como punto neurálxico da cultura do confort. Neste sentido, entenderon que a... Ler máis

ENTRE O CINEMA TRANCE E A ETNOGRAFÍA

Cineasta, actriz, activista e teórica. Dicía Bill Nichols de Maya Deren que “a súa filosofía e estética, cunha formidable insistencia na dimensión ética da arte, continúa sendo inapreciada, mentres que o seu status como feminista pioneira e promotora emprendedora parece encaixar máis confortablemente coas realidades do cómodo mercado da arte e da creación de reputacións individuais” (1). E é que ata máis esquecidas que as súas películas están os seus escritos:... Ler máis